El cant dels ocells (en galego O cantar dos paxaros) é unha canción popular catalá de orixe descoñecida e tradicional do Nadal tradicional catalán. A canción explica a ledicia da natureza o día do nacemento do neno Xesús no portal de Belén.
Segundo Joan Amades, o texto desta canción cántase con diversas melodías. A máis coñecida, popularizada por Pau Casals, ten un ritmo suave que se adapta á cantiga de berce, empregándose tamén para este fin.Joan Amades: Folklore de Catalunya. Cançoner, pàg. 14
Pau Casals e El cant dels ocells O ilustre violonchelista catalán Pau Casals tocouna en numerosas ocasións. Esta canción popularizouse grazas a moitos arranxos que el mesmo fixo, mais cómpre ter en conta que a obra non é súa senón da tradición catalá.
Froito do sentimento catalanista de Pau Casals e dunha conferencia na sede das Nacións Unidas, onde interpretou esta canción con acompañamento de orquestra, El cant dels ocells converteuse nun símbolo de paz e liberdade ao redor do mundo, mais de xeito especial en Cataluña.
En Barcelona é típico honrar aos defuntos ilustres con esta canción o día do enterro ou como despedida silenciosa mentres soa no violonchelo, sexa no ámbito político, deportivo etc.
O mesmo Pau Casals interpretaba esta melodía xeralmente antes de rematar os seus concertos e recitais como un canto á convivencia entre os pobos. Ademais diso, Casals non tocou o violonchelo en países en guerra.
No seu concerto na Casa Branca para o presidente J.F. Kennedy, logo de escoitar a melodía, o mesmo presidente expresoulle: "Fíxonos sentir humildes".
Versións Realizáronse numerosas adaptacións desta canción, entre as que destacan o seu arranxo para oito violonchelos, ou o seu arranxo para piano e violonchelo.
Outra versión destacada é a do saxofonista Pedro Iturralde, que se inicia cun só de saxofón e desemboca nun conxunto para orquestra de jazz. Tamén se rexistraron versións de diversos cantautores como Lluís Llach, cantantes líricas como Victoria de los Ángeles, grupos de rock (Pastorets Rock) etc. Antes de Pau Casals, Pep Ventura xa compuxo unha sentida e bonita sardana con este nome.
Durante a guerra de sucesión española empregouse unha versión da mesma por parte dos partidarios do Arquiduque Carlos de Austria.
Letra tradicional Letra en catalánTraduciónAl veure despuntarel major lluminaren la nit més ditxosa,els ocellets cantant,a festejar-lo vanamb sa veu melindrosa. L’àguila imperialse’n vola cel adalt,cantant amb melodia, dient: Jesús és nat,per treure’ns de pecati dar-nos alegria.
Repon-li lo pardal:Avui, nit de Nadal,és nit de gran contento!El verdum i el lluerdiuen cantant,també :"Oh, quina alegria sento!Cantava el passarell:Oh, que hermós i que bellés l’infant de Maria!I li respon el tord :Vençuda n’és la mort,ja naix la vida mia !Refila el rossinyol:És més bonic que el solmés brillant que una estrella!La cotxa i el bitxacfestegen al manyaci a sa Mare donzella. Cantava el reietóper glòria del Senyor,inflant amb biçarria;el canari segueix:llur música pareixdel Cel gran melodia. Ja n’entra el cotoliudient: Ocells veniua festejar l’aurora!I lo merlot, xiulant,anava festejanta la més gran Senyora. L’estiverola diu:No és hivern ni estiusinó que és primavera;puix que és nada una florque pertot dóna olorI omple la terra entera.Cantava el francolí:Ocells qui vol veniravui a trenc de diaa veure el gran Senyoramb sa gran resplendora dins d’una establia?Ve cantant el puput:Eixa nit ha vingutel Rei de més grandesa!La tórtora i el colomadmiren a tothomcantant sense tristesa. Picots i borronersvolen entre els fruiterscantant llurs alegries;la guatlla i el cucutde molt lluny han vingutper contemplar el Messies. Cantava la perdiuMe’n vaig a fer lo niudins d’aquella establia,per a veure l’Infantcom està tremolanten braços de Maria.La garsa, griva o gaigdiuen: Ara ve el maig!Respon la cadernera:Tot arbre reverdeix,tota branca floreixcom si fos primavera.Xiuxiueja el pinsà:Glòria avui i demà;sento gran alegriade veure el diamanttan hermós i brillantals braços de Maria.El xot i el mussolal veure eixir el solconfosos se retiren.El gamarús i el ducdiuen: Mirar no puc;tals resplendors m’admiren!''Ao ver despuntara maior luminariana noite máis avegosa,os paxariños cantando,a festexalo vancoa súa voz figureira. A aguia imperialvoa ceo adiante,cantando con melodía,dicindo: Xesús naceupara nos librar do pecadoe darnos ledicia Respóndelle o pardal:Hoxe, noite de Nadal,é noite de gran contento!O verderolo e o picaourodin, cantando tamén:Oh, que ledicia sinto! Cantaba o liñaceiro:Oh, que fermoso e que beloé o Fillo de María!E respondeulle o tordo:Venceuse á morte,xa nace a vida miña Chirlaba o rousinol:É máis belido có sol,máis brillante ca unha estrela!.O rabirrubio mailo chaschásfestexan o pequerrechiñoe a súa Nai doncela. Cantaba a estreliña do nortepara gloria do Señor, a pega, o tordo e o gaiodin: Xa vén o maio!Responde o xílgaro:Toda árbore reverdece,toda póla florece,como se fose primavera
Referencias
Ligazóns externas Vídeo de Pau Casals tocando El Cant dels Ocells (Youtube) Interpretación de Victòria dels Àngels e Lluís Claret nun concerto para recadar fondos para a reconstrución do Teatro do Liceo de Barcelona(YouTube)
Categoría:Cancións Categoría:Pau Casals