The Ugly Organ é o cuarto álbum da banda estadounidense de post-hardcore Cursive, editado o 4 de marzo do 2003 polo selo Saddle Creek. Trátase dun álbum conceptual que fala de luxuria, amor, e sexo baleiro a través da vida do "Ugly Organist" (organista noxento). O traballo acada o seu pico emocional no seu derradeiro tema, "Staying Alive", onde o "organista" exclama que aínda está vivo, no medio do engano, do asasinato e da depresión expresada durante todo o disco. O álbum foi un éxito de crítica.

Listaxe de cancións "The Ugly Organist" - 0:53 "Some Red Handed Sleight of Hand" - 1:53 "Art Is Hard" - 2:46 "The Recluse" - 3:04 "Herald! Frankenstein" - 0:47 "Butcher the Song" - 3:31 "Driftwood: A Fairy Tale" - 4:40 "A Gentleman Caller" - 3:19 "Harold Weathervein" - 2:59 "Bloody Murderer" - 2:52 "Sierra" - 3:25 "Staying Alive" - 10:04

Categoría:Álbums de Cursive Categoría:Álbums musicais de 2003 Categoría:Álbums conceptuais Categoría:Álbums de Saddle Creek Records