miniatura|George W. Bush recepciona cinco agraciados co Nobel de 2005. Richard R. Schrock e o segundo empezando pola dereita Richard R. Schrock, nado o 4 de xaneiro de 1945 en Berne, Indiana, Estados Unidos, é un químico e profesor universitario estadounidense galardonato co Premio Nobel de Química do ano 2005.

Traxectoria Cursou química nas universidades de California ( licenciouse en 1967) e Harvard, onde se doutorou en 1971, e realizou os seus estudos posdotorales na Universidade de Cambridge (Gran Bretaña).

En 1972 foi contratado pola compañía química E. I. DuPont de Nemours and Company, onde formou parte do grupo investigador de George Parshall.

Tres anos despois entrou no prestixioso Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde se converteu en profesor en 1980 e segue exercendo a súa actividade docente.

Entre os galardóns que logrou ao longo da súa carreira figuran os premios en Química Inorgánica e Química Organometálica da Sociedade Química Americana.

Investigacións científicas Xunto ao francés Yves Chauvin e o tamén estadounidense Robert H. Grubbs, gañou o Premio Nobel de Química de 2005 polo seu traballo no campo da metátesis olefínica, especialmente realizada acerca dos alcenos. Richard R. Schrock en Galicia O día 11 de novembro de 2011 estivo en Fisterra invitado polo físico baiense Jorge MiraNova visita dun Nobel a Fisterra en La Voz de Galicia

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2005 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2005 Perfil de Richard R. Schrock en NNDB

Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Adams, Indiana Categoría:Nados en 1945 Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Zaragoza Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América