El Eco de Orense foi un xornal editado en Ourense entre 1880 e 1909.

Historia e características Apareceu a principios de novembro de 1880.El Estudiante, 7-11-1880, p. 1. Subtitulado Periódico político, Periódico liberal, Diario político e Diario de la mañana, o periódico comezou tendo un carácter bisemanal, editándose os mércores e sábados, a partir de 1887 principiou a publicarse tres veces á semana (martes, xoves e sábados) ata que, finalmente, dende primeiros de agosto de 1892 ata 1909 (data do seu cesamento) saíu diariamente, con excepción dos festivos. miniatura|esquerda|300px|Redacción de El Eco de Orense en 1909. Foi fundado polo deputado liberal Vicente Pérez, e exerceron como directores Rodríguez Quiroga (1880-1883), Valentín Lamas Carvajal (1883-1906), Modesto Lamas Sánchez (1906-1908) e Antonio Fuentes Fernández (1908-1909).La Correspondencia Gallega, 20-7-1908, p. 3 Entre os seus redactores figuraron Juan Neira Cancela, Arturo Vázquez Núñez, Álvarez de Nóvoa, Basilio Álvarez, José Adrio Menéndez, Alfonso Carballo Rey, Julio Carballo Enríquez e Juan J. Reza. No campo literario contou coas colaboracións de Alberto García Ferreiro, Saco y Arce, Manuel Martínez Sueiro e Antonio Rey Soto.

Ademais de información xeral ofrecía artigos de crítica ás autoridades locais. Foi un periódico bilingüe con predominio do castelán (o galego reducíase, polo común, a algúns textos literarios) e entre o seu contido, destacaban particularmente a publicación de folletíns, as críticas ás autoridades ourensás (moitas delas recollidas en "Ecos") e as seccións "En broma", "Instantáneas" e as populares "Mostacillas".

O xornal iniciou a súa publicación defendendo a política liberal do seu fundador, Vicente Pérez, pasou logo a adoptar un liberalismo singular e independente deste, e despois rompeu toda relación co seu creador, amosando a súa oposición a Vicente Pérez, despois de que este crease El Miño en 1898, converténdose nun medio achegado ao clericalismo, cunha postura máis conservadora.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense

Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1880 en Galicia