O AZ Alkmaar, que ten por nome oficial Alkmaar Zaanstreek, é un club de fútbol da cidade de Alkmaar, en Holanda Setentrional, nos Países Baixos. Foi fundado o 10 de maio de 1967 logo da fusión dos clubs Alkmaar '54 e FC Zaanstreek.
O club participa na Eredivisie, torneo do que foi campión nas tempadas 1980-81 e 2008-09. Ademais, gañou a Copa dos Países Baixos en tres ocasións e foi finalista da Copa da UEFA na tempada 1980-81.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta vermella con mangas brancas, pantalón branco e medias vermellas. Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas. Terceiro uniforme: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
Estadio
340px|miniatura|Vista interior do AFAS Stadion. O AZ Alkmaar xoga os seus partidos como local no AFAS Stadion, propiedade do club, situado na parte sur da cidade de Alkmaar e que conta cunha capacidade para 17 000 espectadores. Foi inaugurado o 4 de agosto do 2006 como DSB Stadion, levando o nome do banco fundado por Dirk Scheringa, o DSB Bank, que era ademais o auspiciador do club. Tras a quebra do banco no 2009 o club foi obrigado a cambiar o nome do estadio.
Antes do 2006 o club utilizaba o Alkmaarderhout, estadio con capacidade para 8 400 asistentes e que foi construído en 1948.
Datos do club 300px|miniatura|Posto ao final de tempada do club entre 1976 e 2009. Tempadas en Eredivisie: 33 Temporadas en Eerste Divisie: 11 Maior goleada conseguida: En torneos nacionais: 8-0 ao Heracles Almelo en 1997 (en Eerste divisie). En Eredivisie: 9-2 ao FC Amsterdam en 1977. En torneos internacionais: 11-1 ao Red Boys Differdange (na Copa da UEFA 1978-79). Maior goleada encaixada: En torneos nacionais: 8-0 do Feyenoord Rotterdam en 1987. En torneos internacionais: 4-1 do Werder Bremen (Copa da UEFA 2006-07), Arsenal FC (Liga de Campións 2009-10) e FC BATE (UEFA Europa League 2010-11). Mellor posto en Primeira: 1º (1980-81 e 2008-09). Peor posto en Primeira: 18 (1996-1997). Participacións internacionais 2 na Liga de Campións 6 na Copa da UEFA 2 na Recopa de Europa
Palmarés
Torneos nacionais
Eredivisie (2): 1980-81, 2008-09. Eerste Divisie (2): 1995-96, 1997-98. Copa dos Países Baixos (3): 1978, 1981, 1982. Supercopa dos Países Baixos (1): 2009.
Torneos amigables
Torneo Amsterdam (3): 1977, 1979, 1982. Torneo Brugse Metten (1): 1978. Trofeo Costa Brava (1): 1979. Trofeo Villa de Gijón (1): 1980. Copa ETL-Dom (1): 2010.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de fútbol dos Países Baixos