miniatura|dereita|400px|Sabana ecuatorial na Provincia Oriental do Camerún. Unha sabana é unha rexión de relevo plano, que ten como vexetación predominante as gramíneas, mesturadas con algunhas árbores e arbustos illados ou en pequenos grupos. En xeral, as sabanas son zonas de transición entre áreas de vexetación máis densa (como bosques) e os pastadeiros.
Nas rexións tropicais e subtropicais, as sabanas teñen como características principais:
pouca auga (semiáridas) solo fértil temperatura: dúas estacións climáticas, unha máis quente e seca e outra máis chuviosa. plantas: predominan as gramíneas mesturadas cunhas poucas árbores. animais: diferentes especies de mamíferos, aves e insectos.
As grandes sabanas da África, o cerrado brasileiro e os llanos de Venezuela son deste tipo.
Notas
Categoría:Ecosistemas