Iria Fernández Crespo, nada en Barcelona en 1982, é unha poeta galega.
Traxectoria Cursou estudos de Socioloxía e Ciencia Política na Universidade Autónoma de Barcelona e de Filoloxía Inglesa na UNED. Colaboradora desde moi nova coa Asociación Rosalía de Castro de Cornellà de Llobregat, ten participado en recitais de poesía en Barcelona e noutras cidades. En 2010 publicou o seu primeiro poemario Flores da Galvana.
Obras Flores da Galvana, 2010, Espiral Maior.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1982 Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia