Adriano Romero Cachinero, nado en Villanueva de Córdoba o 11 de novembro de 1902 e finado en París o 4 de xaneiro de 1979, foi un xornalista e político comunista español.
Traxectoria Militante do PCE de Córdoba. Marchou en 1929 a Sevilla. Foi candidato do PCE pola provincia de Córdoba nas eleccións xerais de 1931, sendo o candidato comunista con máis apoios.Adriano Romero Cachinero en Cordobapedia. Foi elixido deputado do Fronte Popular pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 1936. Participou nos mitins do Primeiro de Maio de Cerdedo xunto con Amando Guiance Pampín,Golpe de Estado e represión en Cerdedo e no de Ourense con Luis Acuña Nóvoa e Severino Nóvoa Gutiérrez.El Pueblo Gallego, 3-5-1936, p. 13.
Durante a guerra civil foi membro do Comité Central do PCE e dirixiu un batallón de milicianos con Antonio Pretel Fernández que en xullo de 1936 acabou coa sublevación militar en Motril e Guadix. Despois foi gobernador civil de Murcia de decembro de 1936 a xaneiro de 1937. Foi nomeado comandante da 55 Brigada Mixta o 1 de marzo de 1937 co grao de maior de Milicias, manténdose no posto ata setembro. Pasou o resto da guerra en Cidade Real como responsable do PCE na provincia de Cidade Real. En 1939 sorprendeuno alí o golpe de Segismundo Casado e estivo a piques de ser fusilado por unha columna da CNT da 71 Brigada.
Cando os sublevados tomaron Cidade Real atopárono preso na cadea da cidade. Sometido a consello de guerra en Córdoba, foi condenado a morte en 1941 por adhesión á rebelión, condena conmutada máis tarde. Foi sometido a un novo consello de guerra en Granada en 1943 e novamente condenado a morte, sendo igualmente conmutada a pena pola de cadea perpetua en marzo de 1944. Finalmente condenado a 30 anos, pasou polas prisións de Córdoba, Granada e Alcalá de Henares. Nas súas estadía nas prisións de Córdoba e Granada foi un dos principais artífices da reorganización do PCE na clandestinidade. Mentres estivo na prisión de Granada foi acusado de traizón ao PCE. Foi apartado por iso do partido e por manter discrepancias con respecto aos responsables da dirección do PCE nas cadeas, o mantemento da loita guerrilleira e o sectarismo da liña política que illaba aos comunistas dos republicanos, socialistas e anarquistas. En marzo de 1946 foi posto en liberdade. Rexeitado polo PCE refuxiouse en Sevilla. Logrou reunir 3 000 pesetas para pagar un guía que o trasladou a Francia.
A fins de 1949 cruzou a fronteira de Francia. Cando chegou a Tolosa fixo un informe ante o PCE, que lle regateou un aval da UGT necesario para que as autoridades francesas non o devolveran a España. Desenganado, sumouse ao Movimiento de Acción Socialista impulsado por José del Barrio Navarro e Jesús Hernández Tomás. Viviu modestamente en Francia traballando como albanel e picapedreiro. En 1977 realizou unha breve visita a España.
Obras Eurocarrillismo y oportunismo, 1984. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Capítulo XX: 'Adriano Romero Cachinero' A guerra civil en Gor .
Categoría:Deputados nas Cortes da II República
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Gobernadores civís de Murcia
Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Nados na provincia de Córdoba
Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1979
Categoría:Personalidades sen imaxes