José García Ramos Segond, nado en Santiago de Compostela o 16 de agosto de 1875 e finado na Coruña o 3 de outubro de 1970, foi un médico e político galego, irmán de Alfredo García Ramos.

Traxectoria Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en dermatoloxía e medicina forense; inventou un eléctrodo para aplicar a diatermia. Foi vicepresidente da Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e en 1929 ingresou na masonería. Durante a Segunda República foi elixido deputado pola provincia da Coruña polo Partido Republicano Radical nas eleccións xerais de 1933 e por Unión Republicana nas de 1936.

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno na Coruña. Foi encarcerado na prisión provincial, onde traballou como médico na enfermería. Despois da guerra foi xulgado polo Tribunal Especial de Represión da Masonería e do Comunismo e condenado e inhabilitado. Despois de pasar uns anos nas prisións de Burgos e El Puerto de Santa María, volveu á Coruña, onde continuou exercendo de dermatólogo.

Foi médico forense dos Xulgados da Coruña, e vicepresidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e Asturias.

Finou na Coruña o 3 de outubro de 1970.Necrolóxica en la Voz de Galicia, 4-10-1970, p. 13.

miniatura|esquerda|200px|José García Ramos, retrato en Vida Gallega, 1936.

Vida persoal

Casou con Pilar Platas Freire e foi pai de José Ramón, Carmelina e Aurita. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela