O Club Deportivo Básico Alcobendas Rugby é unha asociación adicada ó deporte do rugby, fundada en 2003 na cidade de Alcobendas trala desaparición do Moraleja Alcobendas Rugby Union (M.A.R.U.), e que compite co seu primeiro equipo na División de Honra de Rugby. Historia O club ten as súas orixes no Teca Rugby Club, nado en 1972, e que foi renomeado como Alcobendas Rugby Club en 1990 cando o Teca se fusiona co Club España Urogallos que fora fundado en 1979. O club foi renomeado de novo como La Moraleja-Alcobendas Rugby Union en 1999 cando o Alcobendas RC se fusionou co seu tradicional rival, o La Moraleja RC, nado como Club Deportivo Acantos en 1990. En 2003 o La Moraleja-Alcobendas Rugby Union quebrou economicamente, e uns seguidores decidiron fundar o actual club co nome de Club Alcobendas Rugby, e mercar os dereitos deportivos do equipo finado, dándolle así continuidade de facto á anterior estrutura.
Os éxitos deportivos mais salientables do club foron o título nacional de Liga que conquistou na tempada 2001/02 e a Copa que acadou na tempada 2018/19.
Palmarés Posicións do club en competicións nacionais dende a súa fundación Categoría2018171615141312111009080706050403020100999897969594939291908988878685848382818079787776757473Div.Honra 336 10 8 9 987215 12 x x Div.HonraB 111 12 1 1 1ªNacional 1453 2443 9 73 2 2 23 Copa 2
A Primeira Nacional existe dende a tempada 1972-1973. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Antes de crearse a División de Honra B, a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.
De seguido figura o palmarés oficial do primeiro equipo sénior masculino do club en competicións oficiais ó longo da súa historia, baixo as varias denominacións coas que ten competido:
Liga Española de rugby: 1 título. 1ª posición: 2001/02 2ª posición: 2002/03 3ª posición: 2016/17, 2017/18 Copa do Rei de rugby: 1 título. 1ª posición: 2018/19 2ª posición: 2002/03 Copa Ibérica de rugby: - 1ª posición: - 2ª posición: 2002/03 Supercopa de España de rugby: 1 título. 1ª posición: 2002/03 2ª posición: 2019/20
Tempada actual
Véxase tamén Outros artigos Liga Española de rugby Copa do Rei de Rugby
Ligazóns externas
Páxina oficial do club Páxina oficial da Federación Española de Rugby
Categoría:Equipos de rugby de España Categoría:Alcobendas