Alicia de Borbón-Parma e Habsburgo-Lorena, nada en Viena o 12 de novembro de 1917 e finada en Madrid o 28 de marzo de 2017, foi unha nobre española que recibiu o tratamento de infanta de España. Ostentou os títulos de Princesa de Borbón-Parma, princesa das Dúas Sicilias, duquesa viúva de Calabria e condesa viúva de Caserta.
Traxectoria Era filla de Elías I, duque de Parma (1880-1959) e da arquiduquesa María Ana de Austria (1882-1940). Neta por vía paterna do duque Roberto I de Parma e da princesa María Pía de Borbón-Dúas Sicilias (filla do Rei Fernando II das Dúas Sicilias). Por vía materna é neta do arquiduque Federico, duque de Teschen e da princesa Isabel de Croÿ. A súa nai a arquiduquesa María Ana de Austria era sobriña da raíña María Cristina de España, esposa do rei Afonso XII.
A infanta Alicia foi a única dos oito fillos do duque Elías de Parma en contraer matrimonio. Foi o 16 de abril de 1936 en Viena co infante Afonso de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón (1901-1964).
O matrimonio tivo tres fillos:
A princesa Teresa de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón-Parma, Duquesa de Salerno. Casada con Íñigo Moreno y de Arteaga, 12º Marqués de Laula. Con descendencia. Carlos de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón-Parma. Infante de España, príncipe das Dúas-Sicilias, duque de Calabria, conde de Caserta. A princesa Inés María de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón-Parma, Duquesa de Siracusa. Casou con Luís Morales y Aguado. En 1978 a parella divorciouse. Con descendencia.
Ascendencia
Véxase tamén Familia real española
Ligazóns externas Real Casa de Borbón Dúas Sicilias, Xefe da Casa S.A.R. Infante Don Carlos, Duque de Calabria
Categoría:Infantes de España Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados en Viena