miniatura|Andrés Comerma. A instauración do Día do Científico Galego foi unha iniciativa do presidente da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), a través do profesor Ernesto Viéitez, para que servira de homenaxe de recoñecemento a aqueles científicos que, ben nacidos en Galicia, ben nacidos en calquera outra parte, pero realizaran a súa carreira científica en Galicia, contribuísen ao desenvolvemento do coñecemento e da innovación de maneira notábel e significativa.
Descrición
O día 6 de xullo de 2006 reuniuse o Pleno da Academia nas instalacións do Real Club de Mar de Aguete, Marín, e, no punto cuarto da orde do día, o presidente propuxo ao Pleno "a posibilidade de instaurar, con carácter anual, o Día do Científico Galego, como recoñecemento e homenaxe a todas as personalidades relevantes que traballaran no campo da investigación científica". A iniciativa foi acollida con satisfacción por todos os académicos.
Tívose claro que a data idónea era a do 23 de abril, porque a constitución oficial da RAGC publicouse no Boletín Oficial del Estado (BOE) o 23 de abril de 1977. O primeiro día celebrouse o 23 de abril de 2008. Na conmemoración desta data en 2014 a Unidade de Igualdade da Universidade da Coruña lanzou a campaña Día d@ Científic@ Galeg@, para reivindicar a inclusión das mulleres ao falar de ciencia e tecnoloxía.
O 18 de decembro de 2014 a denominación pasa a ser Día da Ciencia en Galicia, aprobado o troco polo pleno da RAGC. Este troco faise porque, segundo o seu propio comunicado, "reflexa dun modo máis directo o obxectivo da celebración, que non e outro que a promoción social da Ciencia en Galicia". Personalidades homenaxeadas miniatura|Jimena Fernández de la Vega 2008. Enrique Vidal Abascal, primeiro presidente da RAGC 2009. Isidro Parga Pondal 2010. Cruz Gallástegui 2011. Ramón María Aller 2012. Antonio Casares Rodríguez 2013. Benito Xerónimo Feijoo 2014. Luís Iglesias Iglesias 2015. Ángeles Alvariño 2016. Ignacio Ribas Marqués 2017. Baltasar Merino 2018. Domingo Fontán 2019. Tomás Batuecas Marugán. 2020. Andrés Comerma 2021. Jimena Fernández de la Vega
2022. Juan Rof Codina
2023. Manuel Colmeiro Penido 2024. Matemático Rodríguez 2025. Fernando Calvet i Prats
Notas
Véxase tamén Outros artigos Día da Ciencia en Galego Ligazóns externas Real Academia Galega de Ciencias