Ángel María Carracedo Álvarez, tamén coñecido como Anxo Carracedo,Anxo Carracedo Álvarez no GaliciaDigital.com nado en Santa Comba o 12 de novembro de 1955,Na web do concello se indica o 25 de novembro. é un Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética.
Traxectoria Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1978) e Doutor en Medicina pola mesma USC (1982), ambos con premio extraordinario.
Catedrático de Medicina Legal desde 1989 e Director do Instituto de Medicina Legal da USC (desde 1994 ata 2012). Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia) (desde 1999), Director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII (desde 2002). Xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). O grupo de Medicina Xenómica que coordina consta de 10 grupos de investigación, varias plataformas tecnolóxicas e arredor de 100 persoas.
Ten publicado 12 libros e máis de 600 artigos en revistas internacionais (SCI) incluíndo artigos en Nature, Science, NatureGenetics, ademais das principais revistas de xenética médica, cancro e medicina forense. Segundo Thomson e Reuters (Web of Knowledge) o Grupo de Medicina Xenómica que dirixe é o primeiro a nivel mundial en citacións na área da Medicina forense no último decenio (2001-2011) e el é o autor con máis artigos, máis citacións e maior índice H na área. As súas principais liñas de investigación actuais inclúen a xenética do cancro e das enfermidades psiquiátricas en idade infantil e a farmacoxenómica.
Presidente da International Society for Forensic Genetics. Codirector da Unidade de Medicina Molecular Inco Sergas, é autor de varios libros e centos de publicacións. Vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, membro do Grupo Europeo do ADN e da Comisión de ADN da Comisión de Xustiza dos Estados Unidos de América, coordinador da Rede europea de estandarización do ADN e da Rede iberoamericana de xenética molecular aplicada á medicina forense.
Carracedo combina a investigación co labor docente. É profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular na facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Foi escollido padriño das promocións 2000/2001 e 2011/2012 da Licenciatura de Medicina pola súa grande proximidade ao alumnado. En 2013 ingresou como membro numerario da Real Academia de Farmacia de Galicia.
En 2020 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade do Minho e en 2022 pola Universidade de Cantabria.
Recoñecementos
2006, Medalla Castelao 2009, Premio Rei Jaume I á Investigación Médica 2010, Medalla Galien (coñecida como o Premio Nobel do Medicamento). 2011, Medalla de Galicia 2011, Premio Fernández LatorrePremios 2011 da Fundación Santiago Rey 2011, Medalla Adelaida (o premio máis relevante en medicina forense). 2012, Adelaide Medal. 2015, Premio Nacional de Xenética na súa modalidade aplicada, recibíndoo en setembro na cidade andaluza de Córdoba.«Ángel Carracedo recibe el Premio Nacional de Genética en Córdoba», Faro de Vigo, 18-9-2015 . 2015, Premio Lois Peña Novo 2019, Premio á Traxectoria 2022, Premio Otero Pedrayo 2026, Premio Nacional de Investigación Gregorio Marañón na área de Medicina e Ciencias da Saúde, pola súa destacada traxectoria no ámbito da medicina forense e a xenómica. Outros premios: o premio Prismas de divulgación, o Premio Galicia de Investigación, o Premio Novoa Santos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía e currículo Ficha en Santa Comba na memoria Intervención en LGx15
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Médicos de Santa Comba Categoría:Xenetistas Categoría:Medallas Castelao Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Nados en Santa Comba Categoría:Nados en 1955 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros da Real Academia Galega das Ciencias Categoría:Membros da Real Academia de Farmacia de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela