Homero (en grego antigo Ὅμηρος Hómēros; c. século VIII a. C.), é o suposto autor das obras literarias máis antigas coñecidas en Europa, os poemas orais épicos a Ilíada e a Odisea, dous poemas épicos que son obras fundamentais da literatura grega antiga. Considerado o pai da cultura grega, foi o primeiro gran poeta grego que consagrou o xénero, ademais consérvanse del a épica menor cómica Batrachomyomachia (literalmente:"A batalla das ras e dos ratos») e os corpus dos himnos homéricos.

É difícil establecer con certeza se Homero foi un individuo histórico ou unha identidade construída, e se é o autor das dúas célebres epopeas que son os alicerces da literatura occidental. Todo isto é o tratado na cuestión homérica. Malia isto, numerosas vilas xónicas (Quíos, Esmirna, Cime ou mesmo Colofón) dispútanse a orixe do aedo. Por outra banda, a tradición individualízao ó atribuírlle que era cego.

Etimoloxía miniatura|Homero e o seu lazarillo, por William-Adolphe Bouguereau (1874).

O nome Hómēros é unha variante xónica do eólico Homaros. O seu significado é refén, prenda ou garante. Hai unha teoría que sostén que o seu nome provén dunha sociedade de poetas chamados os Homēridai, que literalmente significa ‘fillos de reféns’, é dicir, descendentes de prisioneiros de guerra. Xa que estes homes non eran enviados á guerra ó dubidarse da súa lealdade no campo de batalla, non morrían nel. Polo tanto, confiábaselles a tarefa de recordar a poesía épica local, para lembralos sucesos pasados, nos tempos anteriores á aparición da literatura escrita.

Tamén se suxeriu que o que podería conter o nome Hómeros é un xogo de palabras derivado da expresión ho me horón, que significa o que non ve.

Traxectoria Na figura de Homero conflúen realidade e lenda. A tradición sostiña que Homero era cego, e varios lugares reclamaban ser o seu lugar de nacemento: Quíos, Esmirna, Colofón, Atenas, Argos, Rodas, Salamina, Pilos, Cumas e Ítaca.

Datos biográficos recollidos pola tradición O Himno homérico a Apolo delio menciona «que é un cego que reside en Quíos, a rochosa». O poeta lírico Semónides de Amorgos atribúe ó «home de Quíos» o seguinte verso da Ilíada.

Ese verso foi convertido en proverbio na época clásica.IliadaVI, 146; citado por Simónides, Kirk, p. 2. Luciano de Samosata di que foi un babilonio enviado a Grecia como refén, (grego antigo ὅμηρος, homêros), e de aí o seu nome.Luciano de Samósata, Historia verdadeira ou Sobre a morte de Peregrino II, 20.

Pausanias transmite unha tradición dos chipriotas, quen tamén reclamaban para si a Homero:

Porén, tamén se conserva o seguinte epigrama, atribuído ó poeta helenístico Alceo de Mesene, no que Homero protesta sobre a súa orixe salaminia, e nega que se erixise unha estatua súa nesta cidade e que o seu pai fose un tal Demágoras:

Sobre o lugar onde morreu, existe unha tradición testemuñada dende o século V a.C. de que se produciu na illa de Ios.

Pausanias recolle esta tradición e fala sobre unha estatua de Homero que viu e un oráculo que leu no Templo de Apolo en Delfos:

Ademais sinala que:

E por último, o xeógrafo lidio revela que no lle agrada escribir sobre a época na que viviron Homero e Hesíodo:

Malia que xa na época da Grecia clásica non se coñecía nada concreto e certo sobre Homero, a partir do período helenístico comezaron a xurdir unha serie de biografías que recollían tradicións moi diversas e a miúdo datos de contido fabuloso. Nestes relatos mencionábase que antes de chamarse Homero chamárase Meles, Melesíxenes, Altes ou Meón, así como datos moi diversos e con numerosas variantes sobre os seus devanceiros.

Existe unha tradición na que se di que a Pitia deu unha resposta ó emperador Hadriano sobre a procedencia de Homero e os seus devanceiros:

Investigación moderna Considérase que a maior parte das biografías de Homero que circularon na antigüidade no conteñen ningún dato seguro sobre o poeta. Porén, adoita admitirse que o seu lugar de procedencia debeu ser a zona colonial xónica de Asia Menor, baseándose nos trazos lingüísticos das súas obras e na forte tradición que o fai proceder da zona.Joachim Latacz. Troya e Homero, p. 212. O investigador Joachim Latacz sostén que Homero pertencía ou estaba en permanente contacto coa contorna da nobreza.Michael Siebler. A guerra de Troia. Mito e realidade, p. 97. Tamén persiste o debate sobre se Homero foi unha persoa real ou ben o nome dado a un ou máis poetas orais que cantaban obras épicas tradicionais.

Obras que lle foron atribuídas Ademais da Ilíada e a Odisea, a Homero atribuíronselle outros poemas, como a épica menor cómica Batracomiomaquia (A guerra das ras e os ratos), o corpus dos himnos homéricos e varias outras obras perdidas ou fragmentarias tales como Marxites. Algúns autores antigos atribuíanlle o ciclo épico completo, que comprende máis poemas sobre a guerra de Troia así como epopeas que narraban a vida de Edipo e guerras entre argivos e tebanos.

Os historiadores modernos, con todo, adoitan estar de acordo en que a Batracomiomaquia, o Marxites, os himnos homéricos e os poemas cíclicos son posteriores á Ilíada e á Odisea. Imaxe de Homero en Céncreas Unha pintura do poeta grego Homero sobre un panel do templo de Isis en Céncreas, antigo porto de Corinto, onde o seu rostro reflicte certa severidade, suxeriu que as imaxes bizantinas de Cristo puideron ser ideadas a partir de dita figura, en especial pola similitude da fisionomía facial e tamén en canto á postura do corpo que se representa nas mesmas. Datación Testemuños antigos A maior parte da tradición sostiña que Homero fora o primeiro poeta da Antiga Grecia. Heródoto, que cita varias pasaxes da Ilíada e da Odisea, di que Homero viviu catrocentos anos antes que el,Heródoto: Historias II, 53. o que situaría ao poeta en torno ao século IX a.C. Por outra banda, Helánico de Lesbos dixo que Homero fora contemporáneo da guerra de Troia, e Eratóstenes sostiña que debeu de vivir un século despois. Outros autores antigos consideraban que Homero era contemporáneo de Licurgo ou de Arquíloco.

Tamén na Antigüidade discutíase acerca da relación cronolóxica entre Homero e Hesíodo. Xenófanes e Filócoro pertencían ao grupo dos autores que situaban a Homero con anterioridade a Hesíodo.Aulo Gelio, Noches áticas III,11. O Certame de Homero e Hesíodo,Sobre a obra A competición entre Homero e Hesíodo, en inglés; facsímile da ed. de 1914 de H.G. Evelyn-White, no sitio del Internet Archive. [http://archive.org/stream/hesiodhomerichym00hesiuoft#page/564/mode/2up A competición entre Homero e Hesíodo]: texto bilingüe grego - inglés, na mesma obra. unha obra moi tardía, supoñía que eran contemporáneos entre si. En cambio, Éforo, Lucius Accius e a Crónica de Paros dicían que Hesíodo fora anterior.

Con anterioridade a Heródoto, houbo outros autores que citaron a Homero: Heráclito, Teáxenes de Rexio, Píndaro, Semónides e Xenófanes. Ademais, Heródoto recolle a noticia de que o tirano Clístenes prohibira aos rapsodos competir en Sición por mor dos poemas homéricos, pois estes celebraban continuamente a Argos e aos argivos. Con todo, esta última alusión é posible que se referise ao ciclo tebano e non á Ilíada nin á Odisea. Redacción dos poemas homéricos no século VIII a.C. miniatura|upright|Arriba, o fragmento da inscrición na chamada Copa de Néstor. Abaixo, posible reconstrución do seu contido completo. A maioría dos historiadores sitúa a figura de Homero no século VIII a.C., aínda que hai controversia acerca da data na que os seus poemas puxéronse por escrito. O achado dunha inscrición relacionada cunha pasaxe da Ilíada nunha vaixela de Isquia coñecida como a Copa de Néstor, datada cara ao ano 720 a.C., foi interpretada por algúns investigadores, entre eles Joachim Latacz, como un claro indicio de que naquela época a obra de Homero xa fora consignada por escrito. Con todo, outros autores, como Alfred HeubeckAlfred Heubeck (1914-1987): filólogo clásico alemán. e Carlo Odo Pavese, negan que desa inscrición poida extraerse tal conclusión. Algúns fragmentos de cerámica do século VII a.C. que representan un ciclope cegado por Odiseo adoitan interpretarse como influídos directamente pola Odisea. Hai outras obras de poesía arcaica que foron interpretadas como influídas por Homero, como un poema de Alceo de Mitilene que alude á cólera de Aquiles e un poema de Estesícoro no que Helena diríxese a Telémaco para anunciarlle que Atenea dispuxo o seu regreso.

Redacción dos poemas homéricos no século VII a.C. Algúns investigadores defenden que os poemas homéricos foron postos por escrito no século VII a.C. Argúen que da referencia que hai na Ilíada á cidade de Tebas de Exipto dedúcese que esta pasaxe foi escrita tras a conquista desta cidade polo rei asirio Assurbanipal. Ademais, algunhas pasaxes parecen referirse a tácticas hoplitas que se cre que tiveron a súa orixe nese século. Tamén se cita como indicio a referencia na Odisea á cidade de Ismaro,Véxase «Cícones». que estaba de actualidade no século VII a.C. Non cren que a redacción dos poemas fose posterior, porque consideran que hai suficientes referencias iconográficas e literarias para soster que antes do século VI a.C. xa se coñecían os poemas homéricos por escrito.Andrew Dalby (n. 1947; membro do Chartered Institute of Linguists; lingüista, tradutor e historiador británico): A reinvención de Homero, pp. 187-189.

Redacción dos poemas homéricos no século VI a.C. Hai unha corrente de investigadores que sostén, en cambio, a hipótese de que os poemas homéricos puxéronse por escrito a partir do século VI a.C. Cren que as coincidencias de temas entre os poemas homéricos e outros fragmentos literarios ou iconográficos anteriores só indican que ambos beberon das mesmas fontes orais.

Ademais, hai algúns testemuños antigos, como unha pasaxe de Flavio Xosefo, que defendían que Homero non deixara escritos.Flavio Josefo: Contra Apión, 1, 12. Xa a finais do século XVIII, algúns historiadores como Friedrich August Wolf consideraban que a primeira redacción escrita dos poemas homéricos fora na época de Pisístrato, tirano de Atenas. Esta idea foi tamén defendida no século XX por outros investigadores como Reinhold Merkelbach,Reinhold Merkelbach (1918-2006): filólogo clásico alemán. que tamén situaron a primeira redacción escrita dos poemas homéricos no século VI a.C. Esta postura é criticada polos defensores da redacción escrita dos poemas no século VIII a.C., debido a que cren que supón confundir a composición escrita dos poemas coa manipulación que sufriron ao ser postos por escrito na época de Pisístrato. En contra das teses de Wolf xa se manifestou Ulrich von Wilamowitz, nun estudo realizado en 1884, no que sinalaba que a versión ateniense dos poemas homéricos impúxose ás demais. A cuestión homérica

Denomínase cuestión homérica a unha serie de incógnitas expostas ao redor dos poemas homéricos. Dous dos interrogantes máis debatidos son quen ou quen foron os seus autores e de que modo foron elaborados.

Os investigadores están xeralmente de acordo en que a Ilíada e a Odisea sufriron un proceso de fixación e refinamento a partir de material máis antigo no século VIII a.C. Un papel importante nesta fixación parece que correspondeu ao tirano ateniense Hiparco, quen reformou a recitación da poesía homérica na festividade Panatenea. Moitos clasicistas sosteñen que esta reforma implicou a confección dunha versión canónica escrita. Controversia ao redor da unidade dos poemas Na Antigüidade, durante o período helenístico, os filólogos alexandrinos Xenón e Helánico chegaron á conclusión, a partir das diferenzas e contradicións de todo tipo que acharon entre a Ilíada e a Odisea, de que só a primeira destas epopeas foi composta por Homero, polo que foron chamados «corizontes» ou «separadores». A súa opinión foi rexeitada por outros filólogos alexandrinos como Aristarco de Samotracia, Zenódoto de Éfeso e Aristófanes de Bizancio.