Dungarvan (en inglés) ou Dún Garbháin (en gaélico, ambas formas oficiais) é unha vila e porto da costa sur de Irlanda, na provincia de Munster.

Historia Dungarvan foi incorporada no século XV, foi representada por dous membros no Parlamento de Irlanda dende o Acto de Unión en 1801, e por un membro no Parlamento de Westminster dende 1885.

A emboscada de Burgery de 1921, un incidente da Guerra de Independencia Irlandesa, tivo lugar preto da vila.

Relacións internacionais En marzo de 2007, a vila converteuse en cidade irmá de Erie, Pensilvania. O Mercyhurst College, en Erie, é o anfitrión do Global Intelligence Forum, que se fai cada ano en Dungarvan.

Véxase tamén Ligazóns externas Información de Turisimo Oficial de Dungarvan Concello de Dungarvan Town Waterford County Museum Dungarvan Museum: WWI e Irlanda

Categoría:Localidades do condado de Waterford