The Byrds foi unha banda estadounidense de rock, formada nos Ánxeles, California en 1964. A banda sufriu varios cambios na súa formación durante a súa existencia, sendo o seu líder Roger McGuinn (coñecido como Jim McGuinn) un único membro permanente ata que o grupo se desfixo en 1973. Aínda que só logrou acadar o éxito comercial de contemporáneos como The Beatles, The Beach Boys e The Rolling Stones durante un curto período de tempo (1965–66), The Byrds hoxe en día é considerada polos críticos como unha das bandas máis influentes dos anos 60. Inicialmente, foi pioneira do folk rock, mesturando a influencia dos Beatles e doutras bandas da British Invasion coa música folk contemporánea e tradicional. A medida que os 60 avanzaban, o grupo tamén foi influente nas orixes do rock psicodélico, o raga rock e o country rock. Ademais, a típica mestura da banda de harmonías claras de voz e o son metálico da guitarra Rickenbacker de 12 cordas de McGuinn continuou sendo influente na música popular ata a actualidade. Entre as cancións máis perdurables da banda están a versión de Bob Dylan "Mr. Tambourine Man" e a de Pete Seeger "Turn! Turn! Turn! (to Everything There is a Season)", xunto coas propias "I'll Feel a Whole Lot Better", "Eight Miles High", "So You Want to Be a Rock 'n' Roll Star", "Ballad of Easy Rider" e "Chestnut Mare".

Discografía Mr. Tambourine Man - 1965 (Columbia Records) Turn! Turn! Turn! - 1965 (Columbia Records) Fifth Dimension - 1966 (Columbia Records) Younger Than Yesterday - 1967 (Columbia Records) The Notorious Byrd Brothers - 1968 (Columbia Records) Sweetheart of the Rodeo - 1968 (Columbia Records) Dr. Byrds & Mr. Hyde - 1969 (Columbia Records) Ballad of Easy Rider - 1969 (Columbia Records) (Untitled) - 1970 (Columbia Records) Byrdmaniax - 1971 (Columbia Records) Farther Along - 1971 (Columbia Records) Byrds - 1973 (Asylum Records)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de raga rock Categoría:Grupos musicais de country rock Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais formados en 1964