Juan José Dieste Ortigueira, nado en Escarabote en 1963, é un político galego, dende xuño de 2011 ata xuño de 2019 foi alcalde do concello de Boiro.
Traxectoria Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou na industria conserveira local, na empresa Jealsa, dirixida á súa vez polo que fora alcalde popular de Boiro Jesús Alonso Fernández.
Afiliado ao Partido Popular de Galicia dende 1988, presentouse nas listas desa formación ás eleccións de 1999 e 2003, saíndo elixido concelleiro nesta última ocasión, situándose o grupo na oposición e exercendo de portavoz municipal dende setembro de 2005. Trala renuncia de Luís Blanco Vila, foi cabeza de cartel á alcaldía nas eleccións de 2007, colleitando os peores resultados do PP en Boiro en 16 anos, ao obter unicamente 6 concelleiros, ante o cal continuou como líder da oposición.
Repetiu candidatura á alcaldía en 2011, onde nesta ocasión conseguiu o bastón de mando ao recadar o 45% dos votos e maioría absoluta de concelleiros. Nas eleccións de 2015 volveu ser elixido con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta e non acadou a alcaldía, que foi para José Ramón Romero García do PSdeGConcello de Boiro na FEGAMP. En decembro de 2021 foi relevado das súas funcións como presidente local e portavoz do PPdeG en Boiro, por parte da dirección provincial do partido.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Boiro
Categoría:Alcaldes de Boiro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Boiro Categoría:Nados en 1963