Haua, ou Haua tuꞌu taketake, é unha deidade polinésica presente na mitoloxía rapanui. A súa muller era vîꞌe Hoa.Routledge p. 260
Descrición Na mitoloxía da Illa de Pascua, era considerado xunto a Makemake como as deidades que levaron ós paxaros ó illote Motu Nui; feito do cal se orixinaría a cerimonia do Tangata Manu (home-paxaro). Haua era un deus que vivía na illa Motiro Hiva, lugar de onde proveñen as aves de Rapa nui, xa que Haua entregoullas a Makemake logo de que este, transformado nunha caveira que durante días nadou a través do océano, foi cara a aló a buscalas. Porén, o deus Haua sería case esquecido, e na cerimonia do Tangata Manu só se lle rendía culto a Makemake.Métraux 1940, p. 313, 1957, p. 126
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Alfred Métraux. 1971. Ethnology of Easter Island. Bernice P. Bishop Museum Bulletin 160. Honolulu: Bishop Museum Press. ———— Easter Island: stone-age civilization of the pacific, 1957 Katherine Routledge The Mystery of Easter Island, 1917
Categoría:Deuses rapanui