José Luis Míguez Iglesias, coñecido como Luisito, nado en Teo o 7 de agosto de 1966, é un exfutbolista e adestrador de fútbol galego.
Traxectoria Luisito foi contratado polo Racing de Ferrol iniciada xa a tempada 2009–10, en substitución dos irmáns Juan e José Veiga."Luisito firma co Racing ata final de tempada" Fixo o seu debut no banquiño ferrolán con vitoria ante o CD Lugo no estadio Anxo Carro (0–1). A pesar de que o equipo descendeu a Terceira División, a directiva decidiu renovalo de cara á seguinte campaña.«Teño a miña parte de culpa» Na tempada 2010–11 o equipo conseguiu o segundo posto da clasificación e xogar a fase de ascenso a Segunda B. O 13 de xuño de 2011 anunciouse que non continuaría no club departamental, tras non conseguir retornar ao Racing a Segunda B."O Racing e Luisito acordan a súa saída do equipo"
O 12 de xaneiro de 2012 presentouse como adestrador do CD Ourense. En maio de 2013 renovou por dúas tempadas. Logo da desaparición por motivos económicos do club ourensán, co que na 2013-2014 rematara 8º na 2ªB e gañara a Copa Federación, quedou sen equipo, mais en outubro de 2014 anunciouse a súa fichaxe polo Pontevedra CF da Terceira División trala destitución de Manu Fernández. Co club granate consegue o ascenso á 2ªB tras proclamarse campión do grupo galego da Terceira División na tempada 2014-2015.
O 4 de febreiro de 2019 firmou polo Deportivo Fabril, en substitución de Sergio Pellicer, até o final da tempada 2018–19. O 21 de xuño de 2019 anunciouse a súa renovación por unha campaña, pese ao descenso do equipo Terceira División. O 14 de maio de 2020 anunciouse que non continuaría no filial branquiazul, logo de dar por rematada a tempada a RFEF debido á COVID-19.
En febreiro de 2021 volveu ao Pontevedra como substituto de Jesús Ramos, asinando ata final de tempada. Na primavera de 2022 asinou polo Arousa SC en substitución do cesado Xurxo Otero,/ e deixou o cargo logo de dúas tempadas. En febreiro de 2025 fichou pola SD Compostela.
Notas
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Teo Categoría:Futbolistas de Teo Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do CD Boiro Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Arosa SC Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores da Gimnástica de Torrelavega Categoría:Xogadores do CP Cacereño Categoría:Xogadores do CF Palencia Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do Ciudad de Santiago Categoría:Adestradores do Racing de Ferrol Categoría:Adestradores do CD Ourense Categoría:Adestradores do Pontevedra CF Categoría:Adestradores do Deportivo Fabril Categoría:Adestradores do Arosa SC