Felipe Lazcano Morales de Setién, nado en La Almunia de Doña Godina (Zaragoza) en 1868 e finado en Madrid o 28 de novembro de 1951Necrolóxica en ABC, foi un avogado, empresario, financeiro e político español.

Traxectoria Foi membro do Partido Conservador englobado na facción dirixida por Juan de la Cierva Peñafiel (ciervistas), coa que foi elixido deputado polo distrito de Mondoñedo nas eleccións de 1919, 1920 e 1923. Durante a Ditadura de Primo de Rivera foi nomeado Director Xeral de Montes, Caza e Pesca por Dámaso Berenguer.

Despois da desfeita do seu partido ao proclamarse a Segunda República Española, achegase aos agraristas, sendo elixido deputado pola provincia de Lugo nas eleccións a Cortes de 1933 pola CEDA con Luis Rodríguez de Viguri; ambos, xunto ao republicano independente Manuel Saco Rivera, formaron parte da Minoría Agraria. Nas eleccións xerais de 1936 presentouse polo Partido Agrario Español, pero non foi elixido. Foi executivo do Banco Central (1938-1939)Handbook on the History of European Banks. Vida persoal

Casou con Josefina Rengifo Tercero e foi pai de Felipe, Pablo, Bernardo, José Antonio, Manuel, Adela e Carlos Lazcano Rengifo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas El Partido Agrario Español (1934-1936): Una alternativa conservadora y republicana

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados na provincia de Zaragoza Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1951