Os sherpas (ཤར་པ།) son poboadores do Himalaia, que probabelmente nos últimos 500 anos migraron da provincia chinesa central Sichuan cara ás rexións central e sur do Himalaia. Hoxe en día hai aproximadamente 180.000 sherpas. O xentilicio ten orixe no tibetano shar, que significa "Leste", e o sufixo pa, que significa "pobo". Falan a lingua sherpa e no eido relixioso son lamaístas.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Grupos étnicos do Nepal Categoría:Alpinismo Categoría:Tíbet