Megamind é un filme de animación dirixido por Tom McGrath que se estreou no 2010.

Sinopse Megamind é o súper malvado máis brillante que o mundo xamais coñeceu, e o que menos éxito ten. Durante anos, intentou conquistar Metro City por tódolos medios posibles. Cada intento constitúe un fracaso, por culpa de Metro Man, un heroe invencible ata que Megamind consegue matalo. De repente, a vida de Megamind carece de sentido. Que pode facer un ser malvado sen un súper heroe co que enfrontarse?. Crear a Titán, un novo heroe máis forte que Metro Man.

Personaxes Will Ferrell como Megamind,un brillante e súper malvado alien. Parodia de Lex Luthor e Brainiac. Brad Pitt como Metro Man, o súper heroe rival de Megamind. Parodia de Superman. Tina Fey como Roxanne Ritchie, unha xornalista, e parodia de Lois Lane. Jonah Hill como Hal Stewart/Titan. David Cross como Minion, un peixe que fala e amigo de Megamind. J. K. Simmons como Warden. Ben Stiller como Bernard. Justin Theroux como o Pai de Megamind. Christopher Knights como Garda da prisión. Tom McGrath como Garda da prisión. Jack Blessing como Newscaster. Jessica Schulte como a Nai de Megamind. Joey Dinitere como Megamind de bebé. Noah Dinitere como Metro Man de bebé.

Galardóns e nomeamentos 2010: Premios Annie: 6 nomeamentos, incluíndo mellor guión.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2010 en 3D Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes de Dreamworks Animation Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX