O quetzal é a unidade monetaria utilizada en Guatemala. Foi creada durante o goberno do expresidente José María Orellana en 1925 e é a de curso legal até o presente; apareceu en substitución do peso guatemalteco. O quetzal divídese en 100 centavos. O Banco de Guatemala é o organismo económico responsábel da emisión de moeda. Na actualidade, circulan moedas de 1, 5, 10, 25 e 50 centavos de quetzal, e de 1 quetzal. Polo que se refire ao papel moeda, circulan billetes de 1, 5, 10, 20, 50,100 e 200 quetzais.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Banco de Guatemala
Categoría:Moedas de América Central Categoría:ISO 4217