James Patrick Johnson, nado o 20 de febreiro de 1987 en Cheyenne, Wyoming, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA). Foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Chicago Bulls, e anteriormente xogou na universidade para os Demon Deacons de Wake Forest.

Traxectoria deportiva Universidade Johnson entrou en Wake Forest despois de rematar o instituto en Cheyenne, Wyoming, e tivo un impacto inmediato, rematando segundo na elección do rookie do ano. Liderou aos Demon Deacons en anotación e en rebotes.

Coma sophomore, Johnson liderou outra vez ao equipo en rebotes, levando ao equipo a unha marca de 24-5, e ao número 1 da clasificación na tempada 2008-09. Despois desa tempada, Johnson declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009.

Estatísticas na universidade + Medias da tempada Tempada Equipo G PTS REB AST ROU TAP TC% 3P% TL% MIN PER 2007-08 Wake Forest Demon Deacons 30 14.6 8.1 1.2 1.4 1.3 .487 .280 .689 29.2 2.6 2008-09 Wake Forest Demon Deacons 31 15.0 8.5 2.0 1.4 1.5 .542 .319 .697 30.5 2.4Totais: 61 14.8 8.3 1.6 1.4 1.4 .514 .295 .692 29.9 2.5

NBA Johnson foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Chicago Bulls.

O 27 de xaneiro de 2011, Johnson foi asignado aos Iowa Energy da NBA Development League. Foi chamado de volta o 15 de febreiro de 2011.Johnson rejoins Bulls after NBDL stint

O 22 de febreiro de 2011, Johnson foi traspasado aos Toronto Raptors a cambio dunha elección da primeira rolda do Draft de 2011 que adquiriron dos Miami Heat.

O 16 de xullo de 2012, Johnson foi traspasado ós Sacramento Kings a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2014.

O 16 de decembro de 2013, asinou cos Memphis Grizzlies.Grizzlies sign James Johnson

O 17 de xullo de 2014, Johnson regresou ós Raptors asinando un contrato por dous anos.Raptors Sign James Johnson

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets