O quilómetro por hora (km/h) é unha unidade derivada do SI de velocidade, tanto escalar como vectorial. Un obxecto que viaxa a unha velocidade media de 1 km/h desprázase 1 quilómetro nunha hora se a velocidade se mantén constante durante ese período.

O símbolo utilizado para esta unidade é km/h, aínda que tamén se utiliza km·h−1. Nalgúns países de fala inglesa utilízase a notación kph.

Esta unidade de medida non pertence ao Sistema Internacional de Unidades (SI). A unidade do SI para a velocidade é o metro por segundo (m/s). Con todo, é a unidade máis utilizada a nivel mundial para indicar velocidades no transporte terrestre, xa sexa transporte por estrada ou transporte por ferrocarril. O kWh e o km/h son as unidades máis amplamente utilizadas que se basean na hora. A hora é a única unidade que non pertence ao SI que é aceptada para utilizarse con unidades do SI pola Oficina Internacional de Pesos e Medidas.

Equivalencias con outras unidades

3,6 km/h ≡ 1 m/s (exacto) 1 km/h ≈ 0,277 78 m/s 1 km/h ≈ 0,621 37 mph ≈ 0,911 34 pie/s 1 no ≡ 1,852 km/h (exacto) 1 milla por hora = 1,609 km/h (exacto)

5 km/h Velocidade ao camiñar dun humano media. 12 km/h Velocidade ao trotar dun humano media. 20 km/h Velocidade en bicicleta por unha costa. 37 km/h Velocidade que alcanza un atleta de elite nos 100 metros lisos. 50 km/h Velocidade límite de tránsito en zonas residenciais. 80–90 km/h Velocidade límite nalgunhas estradas. 110–120 km/h Velocidade límite nalgunhas autoestradas. 300 km/h Velocidade que alcanzan algúns trens. 900-1.000 km/h Velocidade que alcanzan os avións de pasaxeiros. 2.000 km/h Velocidade que alcanzan algúns avións de combate. 40.320 km/h Velocidade de escape da Terra

Véxase tamén Velocidade

Ligazóns externas Conversion Calculator for Units of SPEED

Categoría:Unidades de velocidade