O 1 de maio é o 121º día do ano do calendario gregoriano e o 122º nos anos bisestos. Quedan 244 días para finalizar o ano.
Acontecementos dereita|250px|miniatura|Manifestación en París o Día do Traballo 305 - Abdicación de Diocleciano e Maximiano como emperadores romanos. 1328 - Finaliza a Primeira Guerra de Independencia de Escocia coa ratificación do Tratado de Edimburgo-Northampton. 1707 - A Lei de Unión crea o Reino de Gran Bretaña integrando o Reino de Inglaterra e o Reino de Escocia. 1753 - Publicación de Species Plantarum de Carl von Linné. 1800 - Aparece El Catón Compostelano, primeiro xornal galego. 1886 - Folga xeral nos Estados Unidos, co manifestacións nas rúas de Chicago esixindo a xornada laboral de 8 horas. Os acontecementos posteriores motivaron a creación do Día Internacional dos Traballadores nesta data, na maioría dos países industrializados. 1888 - Comezan as primeiras probas de iluminación eléctrica en Pontevedra, segunda cidade española en acometelas. 1949 - Gerard P. Kuiper descobre a lúa do planeta Neptuno, Nereida, a partir de placas fotográficas obtidas co telescopio de 82 polgadas do Observatorio McDonald. 1974 - Fundación do Museo Diocesano de Tui. 1981 - Morre a primeira vítima da intoxicación por aceite de colza desnaturalizado, o meniño Jaime Vaquero, de Torrejón de Ardoz. Foi a intoxicación alimentaria máis grave de tódolos tempos, con máis de 20 000 afectados. 2004 - A Unión Europea incorpora 10 novos países: Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia
Nacementos miniatura|150px|M.ª Victoria Moreno. 1769 - Arthur Wellesley, duque de Wellington, militar e estadista británico (m. 1852). 1825 - Johann Jakob Balmer, matemático suízo (m. 1898). 1829 - José de Alencar, escritor e político brasileiro (m. 1877) 1852 - Santiago Ramón y Cajal, médico español (m. 1934). 1900 - José Miñones Bernárdez, avogado, empresario e político galego (m. 1936). 1909 - Yannis Ritsos, poeta grego (m. 1990). 1923 - Shimon Peres, político israelita. 1929 - Ralf Dahrendorf, sociólogo e politicólogo alemán (m. 2009). 1939 - María Victoria Moreno, profesora e escritora (m. 2005). 1943 - Manuel Pombo Arias, médico e escritor galego. 1947 - Marilar Aleixandre, escritora en lingua galega. 1954 - Fernando Acuña Rúa, sindicalista e político galego. 1968 - D'arcy Wretzky, músico estadounidense. 1971 - Suso Díaz Estévez, poeta en lingua galega.
Mortes 1904 - Antonín Dvořák, compositor checo (n. 1841). 1904 - Augusto González de Linares, pedagogo cántabro (n. 1845). 1935 - Antero Rubín, xeneral e político galego (n. 1851). 1945 - Joseph Goebbels, chanceler da Alemaña Nazi. 1994 - Ayrton Senna, piloto brasileiro de Fórmula 1. 2010 - Timothy Mofolorunso Aluko, escritor nixeriano (n. 1918). 2024 - Victoria Prego, periodista española (n. 1948).
Festas e celebracións Día Internacional dos Traballadores
Outros San Sexismundo, rei; San Xosé Obreiro
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Os 366 días do ano
01