O 1 de xullo é o 182º día do ano do calendario gregoriano e o 183º nos anos bisestos. Quedan 183 días para finalizar o ano.

Acontecementos 552 - En Italia, forzas bizantinas lideradas por Narsés derrotan aos ostrogodos. Durante a loita, o rei Tótila resulta mortalmente ferido. 1863 - Comeza a batalla de Gettysburg 1921 - Fúndase en Shanghai o Partido Comunista Chinés. 1974 - María Estela Martínez de Perón, vicepresidenta, asume o poder na Arxentina á morte do presidente Juan Domingo Perón.

Nacementos miniatura|150px|dereita|Salgueiro Maia. 1646 - Gottfried Wilhelm Leibniz, filósofo e matemático alemán (m. 1716). 1804 - George Sand, escritora francesa (m. 1876). 1824 - Casto Méndez Núñez, contraalmirante vigués. 1843 - Marcelo Macías, sacerdote, profesor e investigador galego (m. 1941). 1892 - James M. Cain, escritor e xornalista norteamericano (m. 1977). 1909 - Juan Carlos Onetti, escritor uruguaio (m. 1994). 1916 - Olivia de Havilland, actriz de cine estadounidense. 1920 - Amália Rodrigues, cantante de fado portuguesa (m. 1999). 1935 - Sydney Pollack, cineasta estadounidense. 1939 - Antonio Carreño, profesor e crítico literario galego. 1944 - Salgueiro Maia, militar portugués (m. 1992). 1955 - Rosalía Dans, actriz, poeta e pintora galega. 1955 - Carlos Paulo Martínez Pereiro, escritor e crítico literario galego. 1961 - Carl Lewis, atleta estadounidense. 1961 - Diana de Gales, primeira esposa do príncipe Carlos de Gales (m. 1997). 1967 - Pamela Anderson, actriz e modelo canadense-estadounidense.

Mortes miniatura|150px|Nikolai Basov. 1109 - Afonso VI de León. 1855 - Antonio Rosmini, filósofo italiano (n. 1793). 1876 - Mikhail Bakunin, escritor e activista anarquista (n. 1814). 1891 - Luis de Trelles, avogado, político e xornalista galego (n. 1819). 1919 - Vicente Fraiz Andón, mestre e pedagogo galego (n. 1859). 1925 - Erik Satie, compositor e pianista francés. 1935 - Genaro Moreda Martínez, farmacéutico, xornalista e político galego. 1942 - Ramón Salgado Toimil, mestre e pedagogo galego (n. 1883). 1961 - Louis-Ferdinand Céline, escritor francés (n. 1894). 1974 - Juan Domingo Perón, militar, presidente da Arxentina en dúas ocasións (n. 1895). 2001 - Nikolai Basov, físico ruso (n. 1922). 2004 - Marlon Brando, actor estadounidense. 2010 - Bara Mbacké, relixioso senegalés e gran marabú do muridismo (n. 1925).

Festas e celebracións Día Internacional do Chiste. Día do Canadá Día Mundial das Axudas á Navegación Marítima

Outros Santoral:

Notas

Os 366 días do ano

01