Braulio Rodríguez Plaza, nado en Aldea del Fresno (Madrid) o 27 de xaneiro de 1944, é un eclesiástico católico español, entre 2009 e 2019 arcebispo de Toledo e Primado de España.

Traxectoria Estudou humanística, teoloxía e filosofía nos seminarios de Madrid, onde obtivo en 1973 a licenciatura en Teoloxía Bíblica pola Universidade Pontificia Comillas. Tras dous anos de estudo (1979-81) na Escola Bíblica de Xerusalén, diplomouse en Sacra Escritura, e xa en 1990 alcanzou o grao de doutor en Teoloxía Bíblica pola Facultade de Teoloxía do Norte de España, con sede en Burgos, coa tese doutoral El proceso de Jesús ante el Sanedrín y la catequesis cristiana primitiva. Presbiterado Recibiu a ordenación sacerdotal o 3 de abril de 1972 en Madrid, de mans do cardeal Tarancón, . e serviu nesta diocese durante 15 anos, nas parroquias de Cubas de la Sagra, San Miguel en Carabanchel e San Fulgencio. Ademais foi capelán da ermida de San Isidro. Entre 1984 e 1987, foi Formador do Seminario Diocesano de Madrid.

Episcopado O 13 de novembro de 1987 foi nomeado bispo de Osma-SoriaEpiscopologio diocesano , diocese de Osma-Soria, . polo papa Xoán Paulo II. Recibiu a ordenación episcopal o 20 de decembro do mesmo ano. Posteriormente foi trasladado á diocese de Salamanca o 12 de maio de 1995, onde tomou posesión o 9 de xullo.

O 28 de agosto de 2002 foi nomeado arcebispo de Valladolid, e tomou posesión da sé o 13 de outubro do mesmo ano.

Retirouse o 27 de decembro de 2019, logo de que lle fora aceptada a renuncia presentada ao alcanzar o límite de idade.

Notas e referencias

Véxase tamén Ligazóns externas Catholic Hierarchy . Entrevista a Braulio Rodríguez en La Vanguardia, .

Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Nados na Comunidade de Madrid Categoría:Nados en 1944 Categoría:Arcebispos e bispos de Toledo Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia Comillas