O Atlas Coelestis é un catálogo estelar publicado postumamente en 1729, baseado en observacións feitas polo primeiro astrónomo real, John Flamsteed.
O Atlas - o máis grande que xamais se publicara - contén 26 mapas das principais constelacións visibles dende Greenwich, con debuxos feitos no estilo rococó por James Thornhill. Tamén se presentan dous planisferios deseñados por Abraham Sharp.
Historia miniatura|esquerda|Atlas Coelestis por John Flamsteed (2ª ed., 1753).
Primeiro atlas estelar baseado en observacións telescópicas, o «Atlas Coelestis» só se publicou dez anos despois da morte de Flamsteed, pola súa viúva, coa asistencia de Joseph Crosthwait e Abraham Sharp. Foi precedido pola obra «Stellarum inerrantium Catalogus Britannicus» (ou simplemente Catálogo británico, publicado en 1725, con 2919 estrelas).
Unha das principais motivacións de Flamsteed para producir o Atlas, foi para corrixir a representación das figuras das constelacións, como feitas por Bayer na súa Uranometría (1603). Bayer representaba as figuras vistas de detrás (non de fronte, como era feito dende a época de Tolomeo), invertendo as posicións das estrelas e creando unha confusión innecesaria.
A publicación tivo un éxito inmediato, converténdose no estándar de referencia para os astrónomos profesionais por case un século. Aínda así, foron levantadas tres obxeccións con respecto a el: o alto prezo, gran tamaño (facéndoo difícil de manexar) e a baixa calidade artística (moitas críticas facíanse aos debuxos de James Thornhill, especialmente en canto á representación de Acuario).
Isto levou ao dr. John Bevis a intentar mellorar o Atlas. En 1745, produciu a «Uranographia Britannica», con dimensións máis pequenas, observacións actualizadas e imaxes máis artísticas. Non obstante, este atlas nunca foi publicado oficialmente e na actualidade, só hai 16 copias coñecidas.
O «Atlas Fortin-Flamsteed» Finalmente, os cambios nas posicións das estrelas (as observacións orixinais foron feitas na década de 1690), conduciron a unha actualización realizada na década de 1770 polo enxeñeiro francés Nicolas Fortin, supervisado polos astrónomos Le Monnier e Messier, da Real Academia de Ciencias en París.
A nova versión, chamada «Atlas Fortin-Flamsteed», tiña 1/3 do tamaño do orixinal, pero mantivo a mesma estrutura de táboas. Tamén se deron retoques artísticos a algunhas ilustracións (na súa maioría, Andrómeda, Virgo e Acuario).
Os nomes das constelacións están en francés (non en latín) e incluían algunhas nebulosas descubertas despois da morte de Flamsteed.
En 1795 publicouse unha versión actualizada, producida por Méchain e Lalande, con novas constelacións e moito máis nebulosas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Atlas coelestis - dixitalización da 2ª edición (na «National Library of Australia») Atlas Celeste Flamsteed - Fortin
Categoría:Astronomía Categoría:Literatura Categoría:Atlas