O 13 de marzo é o 72º día do ano do calendario gregoriano e o 73º nos anos bisestos. Quedan 293 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1328 - Xoana II e Filipe III de Evreux son entronizados como reis de Navarra. 1781 - William Herschel descobre o planeta Urano. 1918 - Revolta veciñal contra os excesivos impostos na Feira do Trece (Narón), que remata con seis mortos. 1921 - O país asiático de Mongolia logra a súa independencia da China. 1925 - Unha lei no estado de Tennessee (Estados Unidos de América) prohibe a ensinanza da teoría da evolución de Darwin por contradicir o dogma xudeocristián da creación. 1929 - Matricúlase o primeiro vehículo en Madrid, un Renault convertible que alcanzaba os 40 km/hora e que lle custou ó propietario, o Marqués de Bolaños, 17 000 pesetas.Calendario 2014 MUNCYT. 2013 - O cardeal arxentino Jorge Mario Bergoglio é elixido como o 266º papa da Igrexa católica co nome de Francisco.

Nacementos miniatura|150px|Joseph Priestley. 1733 - Joseph Priestley, científico e ministro inglés. 1733 - Johann Zoffany, pintor neoclásico alemán (m. 1810). 1872 - Konstantinos Theotokis, escritor grego (m. 1923) 1888 - Paul Morand, escritor e diplomático francés (m. 1976). 1890 - Fritz Busch, director de orquestra e pianista alemán (m. 1951). 1899 - John Hasbrouck van Vleck, físico estadounidense (m. 1980). 1900 - Giorgos Seferis, escritor grego. 1923 - Venancio Blanco, escultor salmantino (m. 2018). 1939 - Neil Sedaka, cantautor. 1939 - Juan Manuel Páramo Neyra, enxeñeiro e político galego. 1949 - Camilo Flores Varela, profesor e tradutor galego (m. 1997). 1950 - William H. Macy, actor e guionista estadounidense. 1957 - Mágico González, futbolista salvadoreño. 1963 - Fito Páez, músico e compositor arxentino.

Mortes miniatura|150px|Clarence Darrow. 1903 - Nicolaas Beets, escritor, teólogo e predicador neerlandés (n. 1814). 1922 - Máximo de la Riva García, industrial e político galego. 1924 - Marcelino Gómez Arias, xornalista e político republicano galego (n. 1880). 1936 - Manuel Viturro Posse, avogado e político galego. 1938 - Clarence Darrow, avogado estadounidense (n. 1857). 1957 - José Antonio Echeverría, revolucionario e líder estudantil cubano. 1959 - Andrés Gaos Berea, compositor e violinista galego. 1966 - Victoriano Taibo, escritor galego. 1996 - Krzysztof Kieślowski, director de cinema polonés. 2000 - Nicanor Rielo Carballo, sacerdote e escritor galego. 2002 - Hans-Georg Gadamer, filósofo alemán. 2003 - Lois Tobío Fernández, diplomático e escritor galego. 2012 - Teresa Pàmies, escritora catalá.

Festas e celebracións

Outros Santoral: San Rodrigo.

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Marzo