Diego Rivas Gutiérrez, nado en Cidade Real o 27 de abril de 1980, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu club actual é a SD Eibar.

Traxectoria O seu primeiro equipo foi o Amorós, integrado na estrutura da canteira do Atlético de Madrid.

Tras un efémero paso polo primeiro equipo, no que debutou o 20 de setembro de 2003 no partido Atlético 0-Valencia CF 3, é no Getafe CF onde realmente se asenta como xogador profesional. No conxunto madrileño saca a relucir todo o seu poderío físico e convértese nun xogador imprescindible.

En xullo de 2006 é traspasado á Real Sociedad, sendo José Mari Bakero o principal valedor para a súa fichaxe. Debuta o 27 de agosto de 2006 no partido Athletic Club 1 Real Sociedad 1. As expectativas creadas en Donostia debido ao montante da súa fichaxe son unha rémora para o xogador e o seu rendemento non pasa de discreto.

En agosto de 2007 marchou ao Cádiz en calidade de cedido, onde luciu o dorsal 19. Logo da súa cesión regresou a Donostia, onde aos poucos se foi gañando o respecto da afección. O seu despregamento físico recorda nesta etapa os seus mellores momentos en Getafe, onde en maio de 2011 acabou a súa relación coa Real Sociedad como titular indiscutible e aclamado pola afección no último partido contra o Getafe no que lograron a permanencia en Primeira División.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Diego Rivas en as.com

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Cidade Real Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid C Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do SD Eibar