Jonathan Luke Ke Huy Quan (en , nado en Saigón o 7 de agosto de 1971, é un actor estadounidense nado en Vietnam. É coñecido polas súas aparicións nos filmes da década de 1980 Indiana Jones e o templo maldito e Os Goonies.

Traxectoria Quan naceu en Saigón, Vietnam do Sur. Foi obrigado a abandonar o seu país cando as Forzas Armadas da República de Vietnam foron derrotadas durante a Caída de Saigón. A súa familia foi escollida para o asilo político e inmigraron ós Estados Unidos. Converteuse en actor infantil, e con 12 anos protagonizou xunto con Harrison Ford o filme Indiana Jones e o templo maldito. Despois de formar parte do elenco, a súa familia cambiou o seu nome a Ke Huy, o nome no que é acreditado no filme.

En 1985, co-protagonizou Os Goonies intepretando a Richard "Data" Wang. En 1986, apareceu no filme xaponés "Passengers" (Norimono) xunto coa cantante Honda Minako. Fixo o papel de Sam na serie de televisión de curta duración Together We Stand (1986–1987) e a Jasper Kwong en Head of the Class entre 1989 e 1991. Tamén protagonizou Breathing Fire (1991) e fixo un cameo en Encino Man (1992). Tamén apareceu no filme chinés Second Time Around a carón de Ekin Cheng e Cecilia Cheung.

Vida persoal Asistiu a Mount Gleason Jr. High en Tujunga, California e a Alhambra High School en Alhambra, California. Despois do instituto, graduouse na Universidade do Sur de California na Escola de Artes Cinematográficas. Posteriormente, asistiu á Universidade de Manchester, no Reino Unido.http://www.nowmagazine.co.uk/celebrity-news/whatever-happened-to-the-kid-short-round-from-indiana-jones-and-the-temple-of-doom-301453 Fala con fluidez vietnamita, cantonés, mandarín e inglés.

Estudou taekwondo con Philip Tan na rodaxe de Indiana Jones e o templo maldito, e máis tarde con Tao-liang Tan. Traballou como coordinador de especialistas en X-Men e The One como asistente do coreógrafo de loita Corey Yuen.

Filmografía + Filme Ano Título Papel Notas 1984 Indiana Jones e o templo maldito Tapón Young Artist Award 1985 Os Goonies Data Wang 1991 Breathing Fire Charlie Moore 1992 Encino Man Kim 2002 Second Time Around Sing Wong

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Actores de cinema de Vietnam Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados en Saigón Categoría:Estadounidenses de ascendencia vietnamita