Paréceme que sei o que berrastes o último venres 13 (en ) é un filme estadounidense de comedia dirixido por John Blanchard. Numerosos filmes de terror adolescente de mediados dos 1990s son parodiados, como os filmes Scream (1996), Friday the 13th (1980), Halloween (1978), A Nightmare on Elm Street (1984), e I Know What You Did Last Summer (1997).
Estreouse en galego na TVG o 25 de maio de 2008.
Sinopse En tódolos filmes de medo sempre hai un teléfono a piques de soar, un asasino agardando, e a única clave para sobrevivir é manterse afastado do asasino, aínda que sexa un incompetente. Agora, unha sexy reporteira e o seu equipo están investigando xunto cun policía local os asasinatos do grupo "guay" do Instituto Bulimia.
Personaxes Julie Benz como Barbara Primesuspekt: A estereotipada loira parva. Harley Cross como Dawson Deary: O rapaz novo e o heroe do filme. Majandra Delfino como Martina Martinez: A rapaza punk que se asemella a Maria DeLuca. Simon Rex como Slab O'Beef: O idiota do grupo. Danny Strong como Bonner "Boner": Un tipo constantemente obsesionado con perder a virxindade. Coolio como o Director ou como o administrador antes coñecido como Director: El é unha referencia ó artista Prince. Aimee Graham como Screw Frombehind: A moza máis popular do instituto. É a primeira en ser asasinada durante os catro primeiros minutos do filme. Tiffani Thiessen como Hagitha 'Hag' Utslay: Unha reporteira de televisión da canle "EmpTV". Tom Arnold como Harding. Shirley Jones como a enfermeira Kevorkian. Rose Marie como Mrs. Tingle. David Herman como Mr. Lowelle. Steven Anthony Lawrence como Chuckie, do filme Child's Play
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Filmaffinity Ficha na IMDb
Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes de adolescentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2000 con versión en galego Categoría:Filmes con banda sonora de Tyler Bates