O termo linguaxe informática ou linguaxe de computador inclúe toda a ampla variedade de linguaxes usadas para comunicarse cos computadores. É unha extensión do termo máis específico (e tamén máis común) de linguaxe de programación.
As linguaxes de programación son polo tanto un subconxunto das linguaxes informáticas, o mesmo que outros tipos de linguaxes. Por exemplo, o HTML é unha linguaxe de marcas e unha linguaxe informática, mais non se considera normalmente unha linguaxe de programación. O código máquina é tamén unha linguaxe informática, e pode teoricamente ser usado como linguaxe de programación, e de feito foino (por exemplo o bootstrapper orixinal para o BASIC Altair), aínda que a maioría non o consideraría unha linguaxe de programación.
As linguaxes informáticas poden dividirse en dous grupos: linguaxes de alto nivel e linguaxes de baixo nivel. As linguaxes de alto nivel diséñanse para seren máis doadas de usar, máis abstractas, e máis potábeis que as de baixo nivel. Os programas, sendo correctos sintaticamente, nalgunhas linguaxes son compilados para unha linguaxe de nivel baixo e executados polo computador. A maioría de software moderno está escrito nunha linguaxe de alto nivel, é compilado para código obxecto, e traducido entón en instrucións da máquina.
As linguaxes informáticas poden tamén agruparse en base a outros criterios. Así, poden clasificarse segundo sexan linguaxes lexíbeis para os humanos ou non lexíbeis. As linguaxes lexíbeis para os humanos son utilizadas para a comunicación home-computador, mentres que as non lexíbeis por humanos (aínda que parcialmente comprensíbeis) diséñanse para seren máis compactas e facilmente procesadas, sacrificando a lexibilidade a favor destes fins.
Exemplos Entre as linguaxes informáticas inclúense: Linguaxe de programación (e.g., C++, linguaxe ensambladora) Linguaxe de scripts Linguaxe de especificacións Código máquina Bytecode (esencialmente o código máquina "virtual" - executado por unha máquina virtual) Linguaxe de query (e.g., SQL, XQuery) Linguaxe de marcas (e.g., XML - linguaxe de marcas extensibles- e HTML - típico na produción de documentos) Linguaxe de transformacións (e.g., XSLT) Linguaxe de templates Linguaxe de programación de cuarta xeración ("4GL") Linguaxe de descrición de hardware Formatos de ficheiro de configuración (e.g., ficheiro INI para Windows) Formatos de serialización de datos Véxase tamén
Categoría:Informática