Montmeló é un municipio español pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado a uns 20 km ao norte de Barcelona, na comarca do Vallès Oriental. Atópase na parte baixa do río Congost, na súa confluencia co río Mogent para formar o Besòs, río que constitúe o límite meridional do municipio.
Historia 150px|miniatura|esquerda|Igrexa de Santa María de Montmeló A máis antiga referencia a Montmeló é unha acta do 945 na que se fala da igrexa de Santa María de Montmeló, que aínda conserva algúns restos románicos (sobre todo unha ábsida).
O 28 de marzo de 1642, durante a guerra dos Segadors foi escenario da batalla de Montmeló, na que as tropas catalanofrancesas derrotaron a columna castelá de 4.500 homes que se dirixía a Perpiñán, que quedara illada.
Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010 537 880 1.020 4.3846.8658.4379.001
Economía Montmeló constitúe a zona máis industrializada da comarca do Vallès Oriental. A superficie forestal ocupa só 8 hectáreas e a agricultura está en regresión fronte á industria. Os principais cultivos foron os cereais, forraxes e a viña.
250px|esquerda|miniatura|Tribuna e recta de chegada do circuíto En 1991 foi inaugurado o Circuíto de Catalunya, no que se disputan anualmente o Gran Premio de España de Fórmula 1 e o Gran Premio de Cataluña de Motociclismo. Ambas as carreiras gañaron en máis dunha ocasión o premio a mellor GP da tempada. O circuíto está entre os municipios de Montmeló, Granollers e Parets del Vallès.
Festividades A festa maior celebrábase anteriormente en torno ao 15 de agosto coincidindo coa festividade da Asunción da nosa Señora, pero o municipio decidiu cambiar a data de celebración ao último domingo de xuño, case sempre coincidindo coa festividade de San Pedro, conmemorando a relación secular de Montmeló co mosteiro beneditino de Sant Pere de les Puel·les.
Nos últimos anos a Festa Maior divídese en dúas collas, a de Melons (en referencia ao nome do municipio) e a de Creuats (en referencia ás Tres Cruces), representados pola cor verde e o vermello respectivamente, que compiten en diferentes probas ao longo da Festa Maior.
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya