Xerardo Agrafoxo Pérez, nado en Noia o 15 de outubro de 1952, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria Mestre de EXB e profesor de ensino medio en Boiro, é licenciado en Xeografía e Historia, graduado en Historia e doutor en Prehistoria pola Universidade de Santiago de Compostela, e dedícase á investigación histórica especialmente sobre a Guerra civil española en Lousame e Noia.
Publicou varios traballos na revista de Noia Alameda.
Obras Ensaio Noia unha vila histórica. Dende a orixe ata a edade moderna (1987). Colexio Público de Lousame. 182 páxs. Poboamento castrexo na rexión occidental da provincia da Coruña (1989). Dirección Xeral do Patrimonio Histório-Artístico da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. 242 páxs. Catrocentos anos na historia da Vila de Noia (1990). Toxosoutos. 250 páxs. A cultura castrexa nos concellos de Outes, Muros e Carnota (1991). G. Sementeira. 100 páxs. O hábitat castrexo no val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra (1992). Toxosoutos. 208 páxs. Didáctica da historia antiga e medieval de Galicia (1993). Toxosoutos. 196 páxs. A segunda república en Lousame e Noia. Radiografía dunha época (1993). Concello de Lousame. 347 páxs. Didáctica da historia moderna de Galicia. O antigo réxime (1995). Toxosoutos. 213 páxs. 1936, a guerra civil en Lousame e Noia. Testemuñas dunha represión (1995). Concello de Lousame. 493 páxs. Didáctica da historia contemporánea de Galicia (1997). Toxosoutos. 296 páxs. 1937, a guerra civil en Lousame e Noia. O fusilamento de David Mariño Ramos (1997). Concello de Lousame. 440 páxs. 1938-1939, a guerra civil en Lousame e Noia. O triple crime de Marselle, a traxedia do Baleares (1999). Concello de Lousame. 704 páxs. Memorias do franquismo (2002). Toxosoutos. 949 páxs. Crónicas dunha democracia. A transición política en Noia: os dous mandatos de Díaz Fornas (2006). Toxosoutos. 332 páxs. A revolta nacionalista. A Noia de Pastor Alonso. O goberno de Bieito González (2006). Toxosoutos. 634 páxs. Biografía de María Mariño (2007). Galaxia. 176 páxs. María Mariño: Retrato dunha vida (2007). Fundación Caixa Galicia. Noia no cambio de século (2008). Toxosoutos. 584 páxs. Quen matou o Cantino? O 36 no Concello de Noia (2013). Xerais, Memoria. 160 páxs. Historia de Noia (2019). Deputación da Coruña. Non venal. Un café en Bogotá, dúas tumbas en Medellín. Tras dos pasos de García Márquez e Avilés de Taramancos (2024). Noia: Toxosoutos. 312 páxs. ISBN 978-84-128986-2-0.
Narrativa O triángulo de Oscar Wilde (2003). Laiovento. 232 páxs. Relatos. Foi traducida ao castelán. Unha viaxe no Ford T (2004). 220 páxs. O violinista de Malá Strana (2008). Galaxia. 228 páxs. A maleta de Victoria Kent (2015). Galaxia. 432 páxs.
Viaxes
Viaxe á última revolución (2014). Galaxia. 372 páxs. 30 días de viaxe a Cuba. O país sen fronteiras. Trinta días a través do Senegal (2018). Galaxia. 324 páxs. Nas terras vermellas do Brasil (2022). Noia: Toxosoutos. 296 páxs. ISBN 978-84-124910-6-7. Describe o periplo de 45 días realizado polo autor dende Recife a Río de Xaneiro pasando por Salvador de Baía, Belo Horizonte e São Paulo
Premios
Premio García Barros no 2004 por Unha viaxe no Ford T.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Entrevista a Xerardo Agrafoxo feita polo alumnado de Literatura galega do século XX do MGB.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Gañadores do Premio García Barros