A serra de Liñares é unha das serras orientais de Galiza, e resulta ser unha prolongación cara ao sueste da serra de Follabal. Está arrodeada polo leste polo río Navallos e no oeste polo río Suarna e mais o seu afluente o río Lamas, ambos os dous en dirección ao río Navia. A vexetación que abunda son os piñeiros de repoboación e algunhas carballeiras e soutos nas zonas máis encostas.

Nun dos afluentes do río Suarna está localizada a seimeira de Vilagocende, unha das meirandes de Galiza.

O seu punto de máis altura é o Seixón, con 953 metros sobre o nivel do mar.

Véxase tamén Bibliografía As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 978-84-8341-126-1

Liñares Categoría:Montes de Galicia sen imaxes