Samuel Sánchez González, nado en Oviedo o 5 de febreiro de 1978, é un exciclista profesional asturiano. Traxectoria
Estaba especializado en carreiras dun día, nas que acadou vitorias importantes, como a medalla de ouro de ciclismo en ruta nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008; aínda que tamén fixo boas clasificacións nas carreiras de 3 semanas, gañando varias etapas na Vuelta a España e Tour de Francia. Na edición 2010 do Tour de Francia fíxose co terceiro posto definitivo na clasificación xeral, e ó ano seguinte coa vitoria final na clasificación da montaña.
No ano 2014 tras a desaparición do equipo Euskatel tanto el coma moitos outros dos seus compañeiros quedaron sen equipo. Samuel fichou in extremis polo BMC, inicialmente por un ano pero tras unha boa campaña renovou coa marca suíza.
Participacións nas Grandes Voltas Carreira20002001200220032004200520062007200820092010201120122013Giro de Italia-----17º-------12ºTour de Francia--F.c.F.c.----6º-3º5ºAb.Vuelta a España----15º10º7º3º-2º--- -: non participou Ab.: abandono F.c.: chegou "fóra de control"
Equipos Euskaltel-Euskadi (2000-2011)
Véxase tamén Outros artigos Euskaltel-Euskadi Tour de Francia 2011
Ligazóns externas Páxina oficial de Samuel Sánchez Perfil de Samuel Sánchez
Categoría:Ciclistas olímpicos de España Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por España Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas olímpicos en ciclismo