Vivian Ernest Fuchs, nado na Illa de Wight o 11 de febreiro de 1908 e finado en Cambridge o 11 de novembro de 1999, foi un explorador e xeólogo británico.
Traxectoria De orixe alemá, en 1929 participou na expedición a Groenlandia de James Wordie. En 1934 dirixiu unha expedición ao lago Turkana coa intención de exploralo xeolóxica, arqueolóxica e paleontoloxicamente. Dirixiu tamén a Expedición Trans-Antártica da Commonwealth para celebrar o Ano Xeofísico Internacional de 1957, e foi a primeira en cruzar a Antártica.
Categoría:Exploradores Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Nados na Illa de Wight