Jeffrey Lynn Green, nado o 28 de agosto de 1986 en Cheverly, Maryland, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Houston Rockets da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional Green foi elixido na 5ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Boston Celtics. Máis tarde foi traspasado aos Seattle Supersonics xunto a Wally Szczerbiak, Delonte West e unha futura elección de segunda rolda, a cambio de Ray Allen e Glen Davis.

Green foi elixido no primeiro equipo de Rookies da NBA de 2008 xunto co seu compañeiro Kevin Durant.http://www.nba.com/news/all_rookie_080513.html | 2008 All-Rookie Team Green ademais xogou no partido de Rookies contra Sophomores do All-Star Weekend da NBA de 2009, onde anotou 13 puntos e fixo 2 roubos de balón na vitoria dos Sophomores.

O 24 de febreiro de 2011, Green foi traspasado xunto con Nenad Krstić e a elección de primeira rolda do Draft de 2012 dos Los Angeles Clippers aos Celtics, a cambio de Kendrick Perkins e Nate Robinson. O 22 de agosto de 2012, Green asinou un novo contrato cos Celtics.

O 12 de xaneiro de 2015, Green foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre os Celtics, os Grizzlies e os New Orleans Pelicans.

O 18 de febreiro de 2016 foi traspasado ós Los Angeles Clippers a cambio de Lance Stephenson e unha futura elección protexida da primeira rolda do Draft.

O 7 de xullo de 2016, Green asinou cos Orlando Magic.

O 11 de xullo de 2017, asinou cos Cleveland Cavaliers.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados no condado de Prince George, Maryland Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Seattle SuperSonics Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets