Sabin Bilbao Bolumburu, nado en Loiu (Biscaia) o 6 de xaneiro de 1960, é un exfutbolista español. Xogaba de interior esquerdo e lateral esquerdo, e destacou especialmente no Sestao e no Deportivo da Coruña, conseguindo con este último un ascenso á Primeira División en 1991.
Traxectoria
Erandio Comezou a xogar ao fútbol na escola de Lezama e máis tarde pasou polas canteiras do Leioa e o Apurtuarte, debutando con este último equipo nas categorías rexionais do fútbol vasco. Na tempada 1979/80 pasou ao Erandio, na Terceira División, conseguindo o ascenso á Segunda B na seguinte campaña. Na categoría de bronce asentouse na titularidade ás ordes de Blas Ziarreta, e militou no club ata 1984, xogando habitualmente como interior esquerdo e disputando un total de 144 partidos, nos que marcou 22 goles.
Alavés Na tempada 1984/85 fichou polo Deportivo Alavés, onde foi titular indiscutible no ataque dende a súa chegada. Disputou 39 encontros na súa primeira campaña, que comezou con Mané no banco e que rematou con Neme como adestrador, e co terceiro posto final na táboa. Na seguinte tempada disputou 37 partidos ás ordes de Nando Yosu e aínda que o equipo acabou quinto, foi descendido polas súas débedas económicas.
Sestao Tralo descenso do Alavés fichou polo Sestao para a tempada 1986/87 da Segunda División, debutando na categoría de prata na primeira xornada ante o Cartagena. Na súa primeira tempada no club biscaíño, con Irureta como técnico, xogou 19 partidos, só 11 deles como titular, e o equipo quedou preto do ascenso a Primeira. As súas cifras incrementáronse notablemente nas dúas seguintes campañas, nas que pasou a xogar en posicións máis defensivas, habitualmente como lateral esquerdo. Pechou o seu paso polo Sestao cun total de 104 partidos oficiais e 11 goles.
Deportivo da Coruña En xullo de 1989 foi traspasado xunto a Santi Francés ao Deportivo da Coruña, onde coincidiu tamén co seu excompañeiro Aspiazu. Nas súas dúas primeiras tempadas na Coruña disputou todos os partidos do Deportivo tanto en liga como en Copa, sendo o lateral esquerdo indiscutible do equipo e unha peza clave para o ascenso dos homes de Arsenio Iglesias á Primeira División ao remate da 1990/91.
Na tempada 1991/92 produciuse o seu debut en Primeira, baixo as ordes de Marco Antonio Boronat, marcando ante o Valencia no estadio Luis Casanova o primeiro gol do Deportivo tras o seu retorno á máxima categoría. Xogou un total de 44 encontros esa tempada, na que o equipo evitou o descenso na promoción de permanencia. Na tempada 1992/93, coa eclosión do chamado Superdépor, só xogou cinco encontros, polo que decidiu rescindir o seu contrato co club coruñés.
Granada Par a tempada 1993/94 puxo rumbo a Andalucía para fichar polo Granada CF, da Segunda División B, adestrado polo seu antigo técnico no Alavés Nando Yosu.. No conxunto granadino disputou 21 encontros, 18 deles como titular, e marcou un gol contra o Maspalomas.
Chaston En 1994 regresou á Coruña coa súa esposa e abriron unha panadaría na rúa de Juan Flórez, na que se puxo a traballar á espera de algunha oferta futbolística, ao tempo que adestraba nas categorías inferiores do Cambre. Ante a ausencia de ofertas, en xaneiro de 1995 fichou polo Egasa Chaston de fútbol sala, co que xogou ata final da tempada na División de Honra.
Ponteceso En xaneiro de 1996 regresou ao fútbol herba, fichando polo Ponteceso, de Segunda Rexional, club adestrado por Antonio Fernández, tío da súa muller Eva, e no que xogou ata o verán dese ano.
Vida persoal Mentres xogaba no Deportivo da Coruña coñeceu á súa futura esposa Eva, coa que montou unha panadaría na rúa de Juan Flórez, na que ambos traballaron ata a súa xubilación. Son pais da patinadora María Bilbao.
Palmarés Erandio Terceira División (1): 1980/81.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Primeira División, promoción de permanencia en Primeira División, promoción de ascenso a Segunda B e Copa da Liga de Segunda B.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesErandio1979/80Terceira40----401980/81Terceira132--201521981/82Segunda B38520--4051982/83Segunda B37660424361983/84Segunda B387----387Total club13020806214422Alavés1984/85Segunda B34550--3951985/86Segunda B33540--375Total club671090007610Sestao1986/87Segunda17220--1921987/88Segunda37530--4051988/89Segunda37381--454Total club91101310010411Deportivo da Coruña1989/90Segunda38421204251990/91Segunda 38 0 81-- 4611991/92Primeira 33 1 932 0 4441992/93Primeira3020--50Total club11252154013710Granada1993/94Segunda B18130--211Total carreira 418 46 51610 2 48254
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Loiu Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Sestao Sport Club Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores de fútbol sala