miniatura|Inscricións na tumba de Álvaro Cunqueiro, no Antigo cemiterio de Mondoñedo, con referencia ó seu texto 'Mil primaveras máis'.

Mil primaveras máis é un texto de Álvaro Cunqueiro no que fai unha defensa da lingua galega. Está encadrado nun discurso que deu nunha homenaxe que lle fixeron en Vigo o 24 de abril de 1980.

Amais dunha apoloxía, pode ser lido en clave simbólica como unha vontade colectiva do pobo galego respecto do mantemento da súa lingua propia.

É un dos textos galegos máis traducidos.

Recoñecemento En 2019 creouse o Premios Mil Primaveras para valorar proxectos de normalización lingüística da lingua galega.

Notas

Categoría:Lingua galega Categoría:Álvaro Cunqueiro