Amarildo Souza do Amaral, nado en Curitiba o 2 de outubro de 1964, é un exfutbolista brasileiro, máis coñecido como Amarildo. Destacou como dianteiro centro nos anos oitenta nas ligas brasileira, española e italiana.

Traxectoria Comezou a súa carreira futbolística no Brasil, xogando no Toledo Work, Botafogo, Operário Futebol Clube, Inter Limeira, XV de Piracicaba e Internacional Porto Alegre. Pasando polo seu mellor momento nesta liga nas filas do Internacional, equipo co que sería subcampión da Copa União, perdendo a final contra o Flamengo de Bebeto e Zico.

No ano 1988 e trala marcha de Baltazar ao Atlético de Madrid o Celta de Vigo conseguiu facerse cos seus servizos no último momento por tres tempadas. Aínda que so chegaría a xogar unha tempada no equipo olívico.

Nesta única tempada anotaría 16 goles , deixando recordo en especial do partido contra o invicto Real Madrid que perdería 2-0 en Balaídos con dous goles do dianteiro brasileiro, sendo esta a única derrota do equipo madrileño en toda a tempada.

A causa deste gran ano entrou nos plans de moitos equipos de primeiro nivel, sendo o que máis interese mostrou a SS Lazio cuxo presidente, Jean Marco Calleri, se reuniría co presidente do Celta, Rivadulla, o día do último partido de Liga para tratar o traspaso do brasileiro. Traspaso que finalmente se cifraría en 250 millóns de pesetas, correndo cos gastos de impostos tamén a Lazio. Tendo en conta que o xogador lle custara ao Celta 60 millóns foi unha grande operación económica, aínda que a nivel deportivo notouse moito a falta dos goles de Amarildo.

En Italia ademais de na Lazio xogou no Cesena, pasando despois outra vez pola liga española, xogando no CD Logroñés, pasando despois outra vez pola liga portuguesa, xogando no FC Famalicão e GD Ribeirão, e no Brasil no União São João EC, São Paulo Futebol Clube e EC Bahia.

Actualmente dirixe unha escola de fútbol no Brasil, a "CET Amarildo".

Clubs AnoClubDivisiónPaísPartidosGoles1982-1983Toledo WorkLiga Brasileira1984BotafogoLiga Brasileira1984Operário MSLiga Brasileira1985BotafogoLiga Brasileira1985Inter LimeiraLiga Brasileira1986XV de PiracicabaLiga Brasileira1986-1988Internacional Porto AlegreLiga Brasileira1988-1989RC Celta de VigoPrimeira34161989-1990SS LazioLiga Italiana2861990-1992AC CesenaLiga Italiana1992FC FamalicãoLiga Portuguesa1992-1993CD LogroñésSegunda1993-1998FC FamalicãoLiga Portuguesa1995União São João ECLiga Brasileira1995São Paulo FCLiga Brasileira1996EC BahiaLiga Brasileira1998-1999GD RibeirãoLiga Portuguesa

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en BDFútbol . Ficha en "Yo jugué en el Celta" .

Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do SS Lazio Categoría:Xogadores do Toledo Colônia Work Categoría:Xogadores do Operário Futebol Clube Categoría:Xogadores do Botafogo Categoría:Xogadores da Associação Atlética Internacional (Limeira) Categoría:Xogadores do EC XV de Novembro (Piracicaba) Categoría:Xogadores do Sport Club Internacional Categoría:Xogadores do AC Cesena Categoría:Xogadores do CD Logroñés Categoría:Xogadores do FC Famalicão Categoría:Xogadores da União São João EC Categoría:Xogadores do São Paulo FC Categoría:Xogadores do EC Bahia Categoría:Xogadores do GD Ribeirão Categoría:Nados no estado do Paraná