miniatura|200px|Michael Schumacher gañou o seu terceiro título consecutivo con Ferrari. miniatura|200px|O compañeiro de Schumacher, Rubens Barrichello, rematou subcampión. miniatura|200px|Juan Pablo Montoya rematou terceiro con Williams. O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2002 é o campionato anual número 53 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 17 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 3 de marzo, e rematou o 13 de outubro.
Parecía ser máis nada que unha batalla polo segundo ou terceiro posto na clasificación de pilotos para aqueles que competían porque Michael Schumacher terminou primeiro ou segundo en todas as carreiras agás no Gran Premio de Malaisia, onde terminou en terceiro lugar, polo que fixo podio en todas as carreiras. El acadou un récord de 11 Grandes Premios gañados nunha tempada, superando a anterior marca de 9 vitorias, compartida por si mesmo (, e ) e Nigel Mansell (). Tamén estableceu a marca de menor tempo no que se asegurou o Campionato do Mundo de Pilotos, asegurou o título cunha vitoria no Gran Premio de Francia, a falta de seis carreiras para o final da tempada. Schumacher logrou o título de pilotos por unha marxe de 67 puntos sobre o seu compañeiro Rubens Barrichello, batendo a súa propia marca da tempada . Schumacher e Barrichello axudaron a Ferrari a acumular a mesma cantidade de puntos que o resto dos construtores no seu conxunto. Para a próxima tempada, a FIA ía cambiar o sistema de puntos.
Pilotos e construtores
Equipo Construtor Chasis Motor † Pneu. Nº Piloto Carreiras Pilotos de Probas Scuderia Ferrari Marlboro Ferrari F2001F2002 Ferrari 050Ferrari 051 1 Michael Schumacher Todas Luca Badoer Luciano Burti 2 Rubens Barrichello Todas West McLaren Mercedes McLaren MP4-17 Mercedes FO110M 3 David Coulthard Todas Jean Alesi Alexander Wurz 4 Kimi Räikkönen Todas BMW.WilliamsF1 Team Williams FW24 BMW P82 5 Ralf Schumacher Todas Antônio Pizzonia Giorgio Pantano Marc Gené 6 Juan Pablo Montoya Todas Sauber Petronas Sauber C21 Petronas 02A 7 Nick Heidfeld Todas Neel Jani Jos Verstappen 8 Felipe Massa 1-15, 17 Heinz-Harald Frentzen 16 DHL Jordan Honda Jordan EJ12 Honda RA002E 9 Giancarlo Fisichella Todas Ricardo Zonta 10 Takuma Sato Todas Lucky Strike BAR Honda BAR 004 Honda RA002E 11 Jacques Villeneuve Todas Darren Manning Anthony Davidson Patrick Lemarié Ryo Fukuda 12 Olivier Panis Todas Mild Seven Renault F1 Team Renault R202 Renault RS22 14 Jarno Trulli Todas Fernando Alonso 15 Jenson Button Todas Jaguar Racing Jaguar R3R3B Cosworth CR-3Cosworth CR-4 16 Eddie Irvine Todas André Lotterer James Courtney 17 Pedro de la Rosa Todas Orange Arrows Arrows A23 Cosworth CR-3Cosworth CR-4 20 Heinz-Harald Frentzen 1-12 <font size="1">non 21 Enrique Bernoldi 1-12 Go KL Minardi Asiatech Minardi PS02 Asiatech AT02 22 Alex Yoong 1-12, 15-17 Tarso Marques Matteo Bobbi Sergei Zlobin Jirko Malchárek Anthony Davidson 13-14 23 Mark Webber Todas Panasonic Toyota Racing Toyota TF102 Toyota RVX-02 24 Mika Salo Todas Ryan Briscoe Stéphane Sarrazin 25 Allan McNish Todas † Todos os motores son de 3.0 litros, e configuración V10.
Cambios de pilotos
A tempada de presentou varios cambios de pilotos antes da tempada e algún máis durante a propia tempada.
Antes da apertura da tempada en Australia, ocorreron os seguintes cambios:
A retirada do equipo Prost deixou a varios pilotos sen un asento oficial no ano e os coches 18 e 19 desocupados. Jean Alesi non busco seriamente un asiento na F1 para o 2002 e inscribiuse con Mercedes no campionato alemán DTM. Luciano Burti, que conducira, tanto para Jaguar e Prost en , deixou o equipo Prost antes da súa quebra co fin de unirse a Luca Badoer nun posto de probador en Ferrari. Tomáš Enge chegara polo lesionado Burti ao equipo Prost en 2001. Foi baixa en Prost, ao final da tempada 2001 por motivos económicos, e regresou a Fórmula 3000 de 2002. Con tres carreiras por diante para acabar a tempada de 2001, Mika Häkkinen anunciou que non ía conducir na F1 en 2002. Negou calquera rumor de retirada, dixo que necesitaba un ano sabático e que volvería a McLaren nun momento posterior. Häkkinen máis tarde deixou oficialmente McLaren e retirouse da F1 en 2002. Kimi Räikkönen foi liberado por Sauber co fin de permitirlle asinar con McLaren, onde tomou o asento de Hakkinen. Felipe Massa asinou por Sauber para facerse cargo de asento de Raikkonen. Antonio Pizzonia asinou para converterse en piloto de probas de Williams xunto con Marc Gené. Pizzonia estivera conducindo un Williams patrocinado na serie F3000 Internacional en 2001, e continuou con esa unidade en 2002 xunto coas súas funcións de probador en Williams. A mediados de 2001, Giancarlo Fisichella anunciou a súa intención de deixar Benetton a partir de 2001 para conducir un Jordan. Benetton substituíu a Fisichella co piloto de Jordan Jarno Trulli, o que significa que Fisichella e Trulli cambiaran os asentos nos dous equipos. Takuma Sato deixou ao seu posto de piloto de probas en BAR para unirse a Fisichella como segundo piloto en Jordan. O lugar de Sato como piloto de probas de BAR foi tomado polo seu compatriota Ryo Fukuda. Ricardo Zonta, ao darse conta que non tiña ningún futuro en Jordan, deixou o seu asento de reserva para conducir na Telefonica World Series. Ía regresar á F1 en como piloto de probas de Toyota. Fernando Alonso abandonou Minardi logo dunha impresionante campaña de 2001, e asinou con Renault como piloto de probas. O posto de Alonso en Minardi foi tomado por Mark Webber. Andre Lotterer, foi fichado como piloto de probas de Jaguar. Heinz-Harald Frentzen, sen coche logo da retirada do equipo Prost, uniuse ao equipo Arrows para o ano 2002. Este foi o seu terceiro equipo en dúas tempadas, en 2001 fora obxecto de dumping por parte de Jordan a metade de tempada e logo foi piloto do equipo Prost antes da quebra dese equipo. Jos Verstappen perdeu o seu asento en Arrows para Frentzen a pesar de ter contrato por outra tempada, e Verstappen foi incapaz de atopar posto noutro equipo. Verstappen reapareceu en Minardi en 2003. Mika Salo (anteriormente con Sauber en ) e o debutante Allan McNish, que xa pilotara un Toyota GT-One nas 24 Horas de Le Mans, chegaron co novo equipo Toyota.
Tamén houbo un cambio a metade de tempada:
Heinz-Harald Frentzen decidiu deixar Arrows tras o Gran Premio de Alemaña debido á incerteza o futuro dese equipo. Arrows crebou varios días despois e non participou no resto da tempada, tamén deixou a Enrique Bernoldi sen asento. Frentzen asinou con Sauber para a tempada 2003 e substituíu a Felipe Massa nos Estados Unidos, que tivera unha sanción de 10 posicións na carreira anterior en Monza, eliminando así a sanción.
Cambios de equipo O equipo Prost foi declarado en suspensión de pagos en novembro de 2001, e foi liquidado polo administrador xuridico en xaneiro de 2002. Isto terminou coa longa historia do equipo que competira como Ligier desde . Toyota entrou no campionato logo de moito traballo de desenvolvemento en 2001. O equipo Benetton fora comprado por Renault en 2001 e pasou a chamarse Renault F1 para o 2002. O equipo non cambiou substancialmente, á parte do nome, Benetton estivera funcionando cos compoñentes de Renault desde había varias tempadas. Arrows sufriu un colapso financeiro tras o GP de Alemaña, e non tomou parte nas carreiras restantes. Un intento de rexistro na tempada de foi rexeitado pola FIA. Phoenix Finance comprou os restos de Prost Grand Prix e tratou de entrar na Fórmula Un a partir do Gran Premio de Malaisia de 2002 cos anteriores pilotos de Minardi Gastón Mazzacane e Tarso Marques. Con todo, a súa entrada foi rexeitada pola FIA por non comprar o equipo Prost Grand Prix na súa totalidade. Aínda que intentou participar na carreira de Malaisia, os oficiais de carreira impedíronlles competir no evento, a pesar dunha apelación xudicial.
Resultados e clasificacións Grandes Premios Rd. Gran Premio Data Circuíto Pole Position Volta rápida Piloto gañador Construtor Resultados 1 Gran Premio de Australia 3 de marzo Melbourne Grand Prix Circuit, Melbourne Rubens Barrichello Kimi Räikkönen Michael Schumacher Ferrari Resultados 2 Gran Premio de Malaisia 17 de marzo Circuíto Internacional de Sepang, Kuala Lumpur Michael Schumacher Juan Pablo Montoya Ralf Schumacher Williams-BMW Resultados 3 Gran Premio do Brasil 31 de marzo Autódromo José Carlos Pace, São Paulo Juan Pablo Montoya Juan Pablo Montoya Michael Schumacher Ferrari Resultados 4 Gran Premio de San Marino 14 de abril Autódromo Enzo e Dino Ferrari, Imola Michael Schumacher Rubens Barrichello Michael Schumacher Ferrari Resultados 5 Gran Premio de España 28 de abril Circuíto de Cataluña, Barcelona Michael Schumacher Michael Schumacher Michael Schumacher Ferrari Resultados 6 Gran Premio de Austria 12 de maio A1-Ring, Spielberg Rubens Barrichello Michael Schumacher Michael Schumacher Ferrari Resultados 7 Gran Premio de Mónaco 26 de maio Circuíto de Mónaco, Monte Carlo Juan Pablo Montoya Rubens Barrichello David Coulthard McLaren-Mercedes Resultados 8 Gran Premio do Canadá 9 de xuño Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal Juan Pablo Montoya Juan Pablo Montoya Michael Schumacher Ferrari Resultados 9 Gran Premio de Europa 23 de xuño Nürburgring Juan Pablo Montoya Michael Schumacher Rubens Barrichello Ferrari Resultados 10 Gran Premio do Reino Unido 7 de xullo Circuíto de Silverstone Juan Pablo Montoya Rubens Barrichello Michael Schumacher Ferrari Resultados 11 Gran Premio de Francia 21 de xullo Circuíto de Nevers Magny-Cours, Magny-Cours Juan Pablo Montoya David Coulthard Michael Schumacher Ferrari Resultados 12 Gran Premio de Alemaña 28 de xullo Hockenheimring Michael Schumacher Michael Schumacher Michael Schumacher Ferrari Resultados 13 Gran Premio de Hungría 18 de agosto Hungaroring, Budapest Rubens Barrichello Michael Schumacher Rubens Barrichello Ferrari Resultados 14 Gran Premio de Bélxica 1 de setembro Circuíto de Spa-Francorchamps, Spa Michael Schumacher Michael Schumacher Michael Schumacher Ferrari Resultados 15 Gran Premio de Italia 15 de setembro Autodromo Nazionale Monza Juan Pablo Montoya Rubens Barrichello Rubens Barrichello Ferrari Resultados 16 Gran Premio dos Estados Unidos 29 de setembro Circuíto de Indianapolis Michael Schumacher Rubens Barrichello Rubens Barrichello Ferrari Resultados 17 Gran Premio do Xapón 13 de outubro Suzuka Michael Schumacher Michael Schumacher Michael Schumacher Ferrari Resultados
Pilotos