Xabier Fortes López, nado en Pontevedra o 7 de febreiro de 1966, é un xornalista galego.

Traxectoria Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense, realizou os seus primeiros traballos xornalísticos en RNE en Vigo, en 1988, e dous anos despois incorporouse a Televisión Española en Galicia, primeiro á delegación de Pontevedra e desde 1998 á de Santiago de Compostela, onde comezou o seu labor como editor e presentador de informativos territoriais. Foi tamén o encargado de conducir e dirixir todos os debates, espazos de entrevistas e programas especiais con motivo das distintas convocatorias electorais en Galicia. En 2007 é nomeado director do Centro Territorial de Televisión Española en Galicia.

En 2011 foi nomeado director e presentador de «La Noche en 24 Horas»<ref>[http://www.rtve.es/rtve/20110901/xabier-fortes-nuevo-director-presentador-noche-horas/458726.shtml Xabier Fortes, nuevo director y presentador de 'La Noche en 24 Horas''']</ref>, o informativo nocturno do Canal 24 Horas.

Ademais, Fortes realizou unha ducia de documentais de variada temática, algúns de carácter deportivo (Os anos do Hai que Roelo) e outros de corte social e divulgativo, como a serie de catro capítulos As Illas do Sur (unha expedición científico-histórica polas illas das rías Baixas). O seu documental «Galicia no espello do tempo», é un repaso ás últimas catro décadas da historia de Galicia e coincidiu co corenta aniversario do Centro Territorial de TVE en Galicia e coa firma do convenio para recuperar e dixitalizar todo o arquivo histórico de cinema de TVE en Galicia.

Vida persoal É fillo do escritor e militar Xosé Fortes e irmán dos escritores Alberto Fortes, Susana Fortes e Ana Belén Fortes.

Obra

Sonata de Acuario'' (2023). Vigo: Ed. Elvira. En "A Ferrería. Historias para coñecer Pontevedra", do Diario de Pontevedra. 62 páxs. ISBN 978-84-128006-0-9. Conto.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Entrevista en La Opinión

Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1966 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid