miniatura|dereita|Nicolao Copérnico ca. 1580. A revolución copernicana ou revolución de Copérnico é o nome co que adoita coñecerse a revolución científica que se produciu en Europa Occidental, representada na astronomía polo paso do tradicional sistema tolemaico xeocéntrico (herdanza clásica adaptada e conservada polo pensamento cristián medieval) ao innovador sistema copernicano heliocéntrico, iniciada no século XVI por Nicolao Copérnico (cuxa obra De Revolutionibus, non alude ao actual e usual concepto de revolución, senón ao de ciclo ou traxectoria circular Como a do xiro do eixe dun motor, por exemplo: 3000 rpm —revolucións por minuto—. dos corpos celestes) e culminada no século XVII por Isaac Newton, tras pasar por Galileo. En gran parte, como consecuencia desta revolución (no sentido de cambio profundo e brusco), o panorama intelectual de finais do século XVII e comezos do XVIII considera a crise da conciencia europea e abrirá o século XVIII como o Século das Luces ou da Ilustración.
A expresión revolución copernicana ou xiro copernicano pasou a ser popularmente sinónimo de cambio radical en calquera ámbito.
Historia e características A transformación da sociedade occidental de medieval a moderna, no seu aspecto de cambio de mentalidade cara á modernidade, significou unha nova consideración da natureza desde un novo pensamento científico, permitido polo uso da razón humana sen suxeición ao principio de autoridade.Como estaban sometidos os escolásticos, á autoridade dos Padres da Igrexa. Desde o Renacemento, o antropocentrismo humanista substitúe ao teocentrismo da escolástica. O Barroco revalorizaría os sentidos e a experiencia como fonte de coñecemento. Racionalismo e empirismo serán dúas orientacións filosóficas opostas, pero complementarias.
En tempos de Galileo, a física adquiriu o status de modelo de ciencia, modelo que debería seguir todo saber que quixera alcanzar a categoría de coñecemento científico. A tarefa da ciencia do século XVII foi encontrar técnicas precisas para ter o control racional da experiencia e mostrar como conceptos matemáticos se poden utilizar para explicar os fenómenos naturais.
Esencialmente, o éxito de Galileo debeuse á súa capacidade para combinar as funcións de erudito e de artesán. Para iso aceptou as técnicas dos artesáns —as lentes, o astrolabio, as bombas— e o razoamento lóxico-matemático desenvolvido polos antigos gregos e a escolástica medieval. A partir de datos repetíbeis, ordenados baixo principios matemáticos, Galileo formulou a lei da caída dos corpos, as leis do movemento dos proxectís e a lei do péndulo. É dicir, que reduciu a leis os diversos feitos observados utilizando un razoamento indutivo.
As formulacións de Galileo foron decisivas na revolución intelectual e científica do século XVII. Os seus traballos sobre a mecánica e a dinámica, sumados aos esforzos dos astrónomos Copérnico e Johannes Kepler foron integrados e sistematizados por Isaac Newton.
Galileo albiscou que, en gran parte, as dificultades para comprender o movemento planetario estaban causadas polo modelo xeocéntrico, e que tales dificultades desaparecían aceptando o modelo heliocéntrico proposto por Copérnico. En relación co estudo das traxectorias planetarias, en particular a de Marte, sabíase que no século XVI non existía concordancia entre o que se podía predicir cos instrumentos de Tolomeo e as verdadeiras traxectorias observadas no ceo. Os tolemaicos supoñían que cada planeta xiraba ao redor dunha circunferencia (epiciclo), cuxo centro, á súa vez, describía outra circunferencia (deferente) centrada na Terra. O astrónomo danés Tycho Brahe, a mediados do século XVI, demostrou que a teoría fallaba e realizou novas e máis precisas observacións planetarias. Presentáronse entón dúas opcións: admitir, como o fixera antes Copérnico e logo Galileo e Kepler, que estaba fallando a teoría xeocéntrica, ou ben que as hipóteses auxiliares acerca do número e tamaño de epiciclos e outros recursos para a explicación eran insuficientes. Os tolemaicos adoptaran esta última postura durante moitos séculos até que Kepler puido explicar o que sucedía asignando a cada planeta unha única traxectoria elíptica ao redor do Sol. Desta maneira Kepler formulou as súas leis do movemento planetario.
A mecánica de Newton mostrou que as leis galileanas e keplerianas se podían deducir a partir dos principios da teoría que leva o seu nome. Desta maneira logrou unificar por vía dedutiva o que doutro modo quedaría como un conxunto disperso de leis empíricas. A miúdo conclúese que o proxecto da ciencia moderna encontra a súa culminación na física de Newton. A teoría de Newton, tal como foi presentada polo autor nos Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica, de 1687, é frecuentemente considerada como un dos logros máis espectaculares da historia da ciencia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Augusto Comte Filosofía da ciencia Francis Bacon Historia da astronomía John Stuart Mill Método científico Positivismo Renacemento do século XII Thomas Kuhn
Categoría:Historia da ciencia