Carlos Ferrás Sexto, nado en Compostela o 3 de outubro de 1965, é un xeógrafo e académico galego.

Traxectoria

Carlos Ferrás é catedrático de Xeografía Humana no Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. É tamén o director do Grupo de Investigación Socio-Territorial(GIS-T/IDEGA) e do Centro de Estudos Eurorrexionais.http://www.fceer.org Centro de Estudos Eurorrexionais

Carlos Ferrás rematou a súa tese de doutoramento baixo a supervisión de Patrick O'Flanagan, realizando un estudo comparado dos procesos de cambio rural en Galiza e Irlanda. Este traballo supúxolle acadar o grao de Doctor Europeus, xa que logo foi realizado entre a universidade compostelá e a University College Cork (Irlanda)http://www.ucc.ie. Despois da súa experiencia irlandesa, e antes de volver a Galiza, a súa investigación levouno a México, onde traballou como docente na Universidade de Guadalajara.http://www.udg.mx

Ferrás Sexto ten estudado en profundidade os campos da xeografía económica, cultural e histórica, a Europa atlántica, os fenómenos de contra urbanización e suburbanización, o concepto de cidade xardín, asentamentos rurais, procesos de cambio rural e o uso das novas tecnoloxías aplicadas ao desenvolvemento das áreas rurais, incluíndo a alfabetización dixital . É tamén un especialista na chamada mercadotecnia territorial,El territorio como mercancía, 2001, por Carlos Ferras et al. liderando un feixe de proxectos de desenvolvemento, como Granxa Familiarhttp://www.granxafamiliar.com e Galicia Auténtica.

Obra parcial

Cambio Rural na Europa Atlántica. Os casos de Galicia e Irlanda (1970-1990). Universidade de Santiago de Compostela e Xunta de Galicia, Compostela, 1996. A Contraurbanización: un achegamento teórico e estudio de casos en Irlanda, España y México . Universidade de Guadalajara (México) e Xunta de Galicia, Guadalajara-Xalisco, 1998. "Cambio social e territorial en Galicia, ¿de país rural a cidade xardín?", en Semanata no. 9, pp. 55–78, Compostela, 1998. Santiago Apóstol en México: culto y significado en el Reino de la Nueva Galicia. Xunta de Galicia, 1998. (e Xoán Paredes) "Reflexiones sobre justicia social y desarrollo alternativo en América Latina. ¿Desarrollo local, desarrollo sostenible y/o ecosocialismo?", en Seminario internacional sobre perspectivas de desarrollo en Iberoamérica, pp. 81–96, Universidade de Santiago de Compostela, 1999. (e Xosé Manuel Souto González) "Cidade atlántica e organización territorial en Galicia", en Grial no. 155, pp. 507–528, 2002. (et alii) "Un novo escenario para a economía galega, minifundio sostible e agricultura familiar ecolóxica: análise do caso da cooperativa Feiraco", en Congreso de Economía de Galicia, pp. 853–865, Universidade de Santiago de Compostela, 2002. "Reflexión acerca del significado de la obra del profesor O'Flanagan para la Geografía de Galicia", en Xeográfica no. 1, pp. 199–203, Compostela, 2001. (et alii) Novas tecnoloxías e economía cultural, Universidade de Santiago de Compostela, 2005. "Un ideario de cidade en rede policéntrica ubicada nun grande xardín: o caso da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal", en Revista de Estudos Euro-Rexionais', pp. 27–38, 2006. (et alii) Sociedade da información en espacios periféricos: novas formas de exclusión social, Universidade de Santiago de Compostela, 2006. (et alii) "Cultura e novas tecnoloxías. A experiencia de Infobrion.com", en Encontros Cultura e Concellos, pp. 139–156, Consello da Cultura, Galega, Compostela, 2006. (et alii) "Fronte aos localismos, eurorrexión", en Tempos Novos'' no. 155, pp. 67–70, 2010.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Europa atlántica Patrick O'Flanagan

Ligazóns externas Grupo de Investigación Socio-Territorial, USC, dirixido por Carlos Ferrás Centro de Estudos Eurorrexionais, dirixido por Carlos Ferrás. Perfil de Carlos Ferrás na USC Entrevista con Carlos Ferrás

Categoría:Xeógrafos de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1965 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes