A ramnosa é un monosacárido de seis átomos de carbono metilado. Pode clasificarse como unha desoxihexosa, porque é un desoxiazucre cun grupo OH de menos, tamén denominado 6-desoxi-L-manosa, ou pode clasificarse como unha metilpentosa, é dicir, unha pentosa cun grupo metilo ou CH3, que está situado no último carbono (en total ten seis carbonos).
O enantiómero que se encontra na natureza é a L-ramnosa (ou 6-desoxi-L-manosa), xa que a forma D é extremadamente rara, o que é pouco habitual nos monosacáridos. O seu nome provén das plantas do xénero Rhamnus das que se illou por primeira vez Definición. Tamén pode obterse da especie Toxicodendron vernix ou atoparse noutras plantas en forma de glicósido.
Diversas substancias biolóxicas conteñen ramnosa, como os polímeros de pectina, característicos das paredes celulares vexetais, e na parede de certos microorganismos, como as micobacterias, entre eles as causantes da tuberculose.
Extractos de ramnosa das plantas do xénero Uncaria téñense utilizado para fabricar cremas antienrugas .
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Utilización de L-ramnosa no estudo da adsorción irreversible do bacteriófago PL-1 á bacteria Lactobacillus casei Journal of General Virology.
Categoría:Carbohidratos Categoría:Monosacáridos