As vestais eran as sacerdotisas consagradas ao culto da deusa romana Vesta. Eran seleccionadas entre as máis fermosas rapazas con idades comprendidas entre os seis e os dez anos (probablemente para asegurar a súa virxindade). As vestais estaban nunha posición social bastante elevada, tiñan moitos privilexios e ademais podían testar e ter posesións (cousa que ningunha outra muller podía facer). O seu servizo duraba trinta anos, despois quedaban libres e incluso podían casar.miniatura|Imaxe dunha Vestal|centro Notas
Categoría:Relixión romana Categoría:Ordes relixiosas