Pablo Padín Sánchez, nado en Vigo o 29 de outubro de 1940, é un avogado e político galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Madrid. Creou e dirixiu as empresas Dkor, Import e Tukasa. Foi voceiro da UCD na comisión dos 16. Presentouse na lista de Vigueses Independientes Gobernantes (VIGO) encabezada por Leri ás municipais de 1983 foi elixido concelleiro e logo foi tenente de alcalde de Vigo; foi deputado provincial de 1983 a 1987. Logo da disolución da UCD entrou en Coalición Galega. Foi deputado no Parlamento galego por Coalición Galega na II lexislatura e conselleiro de Sanidade. Foi vicepresidente de Coalición Galega. Foi elixido presidente de Terra Galega no Congreso Constituínte de 2006 e reelixido en 2008. En 2012 deixou a presidencia efectiva do partido quedando en presidente de honra.

Recoñecementos Recibiu en 2017 a Medalla do Parlamento de Galicia.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía

Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Conselleiros de Sanidade da Xunta de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por CG Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1940 Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Medallas do Parlamento de Galicia